Os tres concelleiros do PSOE veñen de presentar un rogo polo que solicitan o cambio de hora do vindeiro pleno. No presente mandato o goberno local trocou o horario ás nove da mañán cando ata agora se viñeran celebrando á tardiña.
O Corme atópase noveno na clasificación con 27 puntos, os mesmos que Sofán, Camariñas e Baio.
[Liga de Veteráns]
1ª división: O Ponteceso perdeu fóra fronte o Corcubión por 4-1 co que só ten un punto tra-lo empate da semana pasada. Clique aquà para acceder á crónica do partido segundo ó punto de vista do propio equipo.
Relato do despece e traslado a Ferrol da balea (Rorcual Común - Balaenoptera physalus) varada no Niño do Corvo en 2004 e relatado segundo a súa experiencia por membros da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Delegación de Ferrol:
Apareceu sobre a area. Este animal, unha femia, varou no mes de marzal de 2004 en Ponteceso, nunha pequena praia cun dificil acceso chamada Niño do Corvo. O dÃa 20 dese mes desprazámonos dende a SGHN, acodindo á chamada da CEMMA, para evaluar as condicións do animal e do lugar no que se atopaba.
Os compañeiros da CEMMA iniciaron o traballo de despece o dÃa 26 de marzal de 2004 e nós continuámola o dÃa seguinte. Dous grupos, de máis de dez persoas cada un, traballaron a xornada completa axudados nos dous dÃas polos membros de Protección Civil e coa presenza e participación persoal do Concelleiro de Medio Ambiente de Ponteceso.
A inestimable axuda de todos eles permitiu dispoñer de man de obra e dalgunha maquinaria que foi preciso baixar á area cun helicóptero, dado o inaccesible da cala. Este servizo correu a cargo da Xunta de Galicia, que puxo dúas unidades, tanto para move-la maquinaria coma para a retirada dos ósos e da graxa, que tivo que facerse en todo momento polo aire.
A debandita enquisa comezarÃa a se realiza-la vindeira semana e barállase a posibilidade de solicita-lo apoio do Concello no caso de que os comerciantes decidan seguir adiante coa iniciativa.
A asociación estáse a prantexa-la posibilidade de editar unha revista de carácter publicitario na que os comercios adheridos á iniciativa poderÃan contar alomenos cunha páxina para expoñer ó público as súas ofertas e, en principio, convidarÃase a participar na publicación ós 80 comercios que tomaron parte na pasada campaña de Nadal, aÃnda que se agarda que aparezan novos establecementos interesados neste tipo de promoción.
Dende 500P.com lembramos que seguimos coa man tendida ós comerciantes de Ponteceso para que non deixen de lado a opción máis barata e cun maior número potencial de clientes: internet. Calquera comercio do concello ten a posibilidade de empregar sitio na nosa web completamente de balde para promociona-los seus productos ou servizos, mesmo poñendo fotos. Os posibles interesados tan só deben porse en contacto con nós para trata-lo asunto.
Os rapaces de entre 10 e 13 anos empadroados no Concello poderán participar nas expedicións á neve que organiza a Deputación da Coruña, concretamente no sexto turno que comprende a semana do 1 ó 8 de marzal. A excursión, pola que haberá que abonar 95 euros inclúe o desprazamento en avión, aloxamento e manutención na estación invernal de Serra Nevada, en Granada. Os interesados poden inscribirse no Concello de Ponteceso (981 714 000) ou na Oficina Municipal de Corme (981 738 428) para desfrutar dalgunha das oito prazas dispoñibles. No caso de que as solicitudes superen o número de prazas o Concello efectuará un sorteo para adxudicalas.
O transporte de mineral transformou a comarca, depauperada coma o resto de España pola Guerra Civil, nunha zona de novos ricos na que os cartos corrÃan de xeito abundante gracias ós pagos dos alemáns.
Tanto o IES de Ponteceso coma o CRA Nosa Señora do Faro acadaron o premio Valora 2007/2009 sobre educación para a cultura da paz, cidadanÃa e convivenci, que lles outorga a cada un deles 3.000 euros para realiza-los proxectos presentados nun prazo de dous anos. O decreto foi publicado antonte no DOG.
Na misiva queda patente o escepticismo inicial do crego:
Como era natural, considerei a súa narración como contos de vellas, tendo eu prevención contra semellantes narracións que en case a totalidade dos casos son suposicións de alucinados.
Pero non tardou en mudar de opinión cando, movido pola insistencia da anciá, achegouse a bendeci-la vivenda, chegando a comprobar cos seus propios ollos os feitos dos supostos espritos:
Sección de anuncios de El Eco de Santiago: Diario de la Tarde correspondente ó 30 de Xullo de 1900
Os sucesos da que ó pouco se deu en chamar A Casa do Demo Ãan de boca en boca. Na comarca non se falaba doutra cousa. El Eco de Santiago (1897-1938), un xornal moi popular naqueles anos, elaborou extensas e descriptivas crónicas sobre os tormentos ós que eran sometidas cáseque a diario Juliana e a súa neta. A primeira nova publicada por este rotativo aparecÃa o 19 de maio de 1900:
à anciá tirábanlle do cabelo, da roupa ata racharlla, dábanlle cachetes, escupÃanlle… Os que presenciaban os efectos só vÃan o movemento con forte tensión, pero sen o axente causante. Moitos, interesados en coñece-lo axente invisible, recollÃan as patacas, pedras, etc. e marcábanas. Sen velas desaparecer volvÃan de sócato partidas en dous co zugo fresco pola partedura. DesprendÃase a porta do forno para vir bater no lombo da anciá, asà coma as macetas, paus e outros obxectos. Certo dÃa, tanto se xogou cunha maceta que a anciá ordeoulle á neta que a pechara na artesa e, nun intre, sen se abri-la artesa, xa estaba a xogar de novo a maceta.
Notará vostede que nada lle dixen da nena. Xamáis se asustou, porque a ela nada lle facÃan, pero chegoulle a hora e foi alabazada e apedreada, e mesmo se lle botaron dúas cordas á gorxa formando unha lazada zarandeándoa pola cociña sen permitirlle berrar. Dende esto a nena está triste e chea de medo polo que lle poida acontecer.
Despois de moitos anos emigrado, Javier Nogueira desexaba mercar unha casa en Galicia para voltar a conectar coas súas raÃces. Na compaña de Mari Carmen, quen o criara cando era un neno, desprazouse por diversos puntos da comunidade para procura-lo lugar ideal:
É unha pedra que estaba metida dentro do muro frontal da casa. Os muros de toda a vivenda son de pedra sedimentaria que se tirou do monte, pero debaixo dese muro, na base, atopamos unha pedra que non casaba con ningunha outra, redonda e semellante a unha pataca. Púxena sobre unha mesa e quedou aà como unha reliquia curiosa.
O Ponteceso sacou petróleo do tanto logrado no minuto 15 de partido ante os case douscentos siareiros que se achegaron ata o Nova de Lombáns para ve-lo encontro fronte o Carnota. O gol producÃase despois dunha grande xogada de Adrián que o Carnota rexeitaba, non podendo evitar que o balón chegara ás botas de Nando quen, dende a esquina da área, chutaba unha tremenda bolea que rematarÃa en gol. Dende entón o Ponteceso adicouse a administra-la vantaxe ata o final do encontro.
Diante duns setenta siareiros conseguÃa o Corme vencer ó Muros no Cairo. Adiantábanse os cormeláns na primeira xogada do partido por medio de Josito quen, nunha acción maxistral, regateaba a dous defensas rivais e facÃa o tiro cruzado que o gardamallas non era quen de deter. Houbo que agardar ata o minuto dez do segundo tempo a que o Corme puxera o dous a cero definitivo no marcador, despois dunha xogada trenzada a cargo de Brais, Iago e Alejandro, quen lograrÃa o tanto cun disparo cruzado.
Asà pois, o Corme ponse sexto na táboa, empatado a 27 puntos con Sofán (5º) e Porteño (7º).
[Liga de Veteráns - Grupo A]
O Ponteceso venceu na casa ó Camariñas e remata a primeira fase como terceiro do grupo A con 36 puntos. Pola súa banda o Corme perdÃa en Coristanco por 1-0 co que queda clasificado coma oitavo.
A vindeira semana, o domingo dÃa 13, escomeza a segunda fase da liga de veteráns que se conformará do seguinte xeito:
2ª fase - Segunda división: Os cinco últimos xogarán outra liguilla cos cinco últimos do grupo B, os dous primeiros ascenderán a primeira división da seguinte tempada. {EQUIPOS DE 2ª: Deportivo Carballo, Unión Vimianzo, Malpica, Cabana, San Lorenzo, Camariñas, Corme, Coristanco, Club del Mar e Sofán}
Hoxe, sábado dÃa 5, os pequechos do concello poderán desfrutar da visita das Súas Maxestades Máxicas, horas antes de que os Magos se introduzan con nocturnidade nas casas da veciñanza para deposita-los agasallos dos nenos que se portaron ben durante o ano. Segundo un comunicado emitido hoxe polo Departamento de Prensa da Casa dos Reis Magos, no ano 2007 tódolos nenos e nenas de Ponteceso tiveron un bo comportamento co que obteñen o dereito de amence-lo dÃa seis con cadanseu agasallo, alomenos un por neno. Noraboa, rapaces.
Cabalgatas:
Asà pois, os Reis Magos achegaránse primeiro ata Corme: a iso das cinco da tarde sairá a comitiva real do Salto da Costa cara a Praza do Pan. En caso de choiva, reis e nenos irán cara o baixo da Asociación de Veciños na mesma Praza do Pan.
Logo visitarán Ponteceso sobre as seis da tarde con partida dende Tella para encamiñarse cara a Praza do Recheo da Ponte e rematar na Asociación Cultural RÃo Anllóns. Se chove a esgalla, a comitiva real dirixiráse directamente cara a Asociación.
Esta tarde ás oito abre o restaurante-viñoteca Casa ElÃas na rúa Eduardo Pondal de Ponteceso (no antigo local do minigolf) no que se presentará a veciños e amigos un local duns 170 metros cadrados que ha contar cunha viñoteca con 200 productos en catálogo asà coma restaurante cunha capacidade para 35 comensais. O local estará rexentado por LucÃa López Santiago, filla dos propietarios dos establecementos Casa ElÃas de Buño.
A Deputación, xunto cos ministerios de Administracións Públicas e Industria, puxo en marcha un plan para a aplicación das novas tecnoloxÃas no tocante á xestión municipal cun orzamento de 1,2 millóns de euros que corresponde ó 50% do desembolso necesario.
Hoxe a Voz de Galicia publica unha especie de reportaxe co gallo do colapso nos puntos de atención continuada da Costa da Morte que, se ben nunca tiveron un servizo fluido nin á altura da demanda, nestes dÃas están a atender o dobre de urxencias.
¡NOVIDADE!
Agora pode ve-la portada de 500P.com dende o seu teléfono móbil entrando en wap.500p.com
e acceder á última información de Ponteceso dende calqueira sitio.
Para entrar con PC precisa un navegador que soporte WAP, como Opera.
Soporte técnico gratuito a cargo de Presencia en la red segundo a súa política de "axuda de balde" para entidades de Ponteceso sen ánimo de lucro.
Esta obra, agás contido propiedade de terceiros, está baixo unha licenza
Creative Commons que permite ser empregada respectando o crédito cara 500P.com.