Esto foi o que dou de si o pleno de onte que transcurriu de 9h. a 11:30h.:
Aprobouse o anteproxecto para a depuradora de Corme que se ubicará na Canteira, incluÃdo no Plan Costa da Morte, e que dará servizo a uns 3.000 habitantes. Apoio unánime.
A oposición solicitou cambiar o horario dos plenos de nove da mañán á noitiña, como se viñera facendo en anos anteriores. O alcalde negouse aducindo que ata o de agora o horario dos plenos acomodábanse á oposición pero que, pola imposibilidade de tres dos concelleiros do grupo de goberno para acodir polas tardes, non se cambiarÃa de novo o horario, salvo que houbera demanda por parte dos veciños para acodir a eles. (Suso Lista, do BNG aparte de percebeiro e Patrón Maior da ConfrarÃa, presentouse vestido co traxe de neopreno para non perder tempo de volta a apañar percebes).
Negouse conceder unha asignación económica ós grupos da oposición. O local que demandaban non o terán ata que se inaugure a Casa da Cultura a finais de ano.
A Asociación Cultutal Monte Branco de O Couto arrinca hoxe con aulas de expresión plástica, danzas do mundo, expresión dramática e percusión afrobrasileira que se desenrolarán a diario de once da mañán a unha e media da tarde na Casa dos Veciños. Do mesmo xeito, tódalas tardes de agosto haberá un obradoiro de imaxe asà coma proxeccións de pelÃculas nos galpóns dos veciños eventualmente. É unha mágoa que non teñan publicado o programa no seu sitio web…
Coma o pasado martes na Graña, os veciños da Bugalleira poderán desfrutar esta noite ás 22:30 horas do filme “Batman Returns” que se ha proxectar na praza.
Atendendo ó que lle custan ós veciños, Fondo Aguiar sáenos a cada un de nós a 7,4€ ó ano, por detrás do alcalde de Cerceda e Zas con 9,2€ e 8,4€ anuais por veciño respectivamente.
(Información errónea. Actualizada na zona de Opinións ás 17:05h.)
O Concello de Ponteceso creou un Rexistro Municipal de Parellas de Feito, asinado o 3 de xullo deste ano. Para descarga-lo regulamento prema nesta ligazón.
Segundo o DOGA de onte, a ConsellerÃa do Medio Rural ven de adxudica-la obra do camiño de Riotorto a Bardaio cun presuposto total de 70.860,51€ a repartir en dous anos. AsÃ, no actual exercicio o desembolso será de 42.516,31€ quedando aberto o prazo de presentación de ofertas das empresas que desexen concorrer ó concurso polo procedemento aberto de trámite ordinario que rematará en 26 dÃas naturais. Clique aquà para acceder ó prego de condicións.
Polo visto en Corme.net, desprazouse ata Corme un equipo da Televisión de Galicia para elaborar unha reportaxe sobre a Fundación Torre-Pujales e o Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte na que os distintos membros da Fundación explicarán o proxecto do Museo asà coma o programa de bolsas e actividades.
No pavillón municipal de Corme comeza hoxe o torneo infantil de tenis de mesa con nenos de 8 a 14 anos e que rematará o 27 de xullo. Os partidos disputaránse de 18:30 a 20:30 horas.
Malia que o tempo non acompaña demasiado, estase a celebra-la XIV Feira Exposición Paseo do Cabalo no campo de fútbol de O Pinguel organizada pola Asociación de CrÃa Cabalar de Ponteceso cunha boa afluencia de público. GustarÃanos animalos a acudir e resaltar que os nenos poden dar un paseo de balde polo recinto a lomos dun cabalo.
¡NOVIDADE!
Agora pode ve-la portada de 500P.com dende o seu teléfono móbil entrando en wap.500p.com
e acceder á última información de Ponteceso dende calqueira sitio.
Para entrar con PC precisa un navegador que soporte WAP, como Opera.
Soporte técnico gratuito a cargo de Presencia en la red segundo a súa política de "axuda de balde" para entidades de Ponteceso sen ánimo de lucro.
Esta obra, agás contido propiedade de terceiros, está baixo unha licenza
Creative Commons que permite ser empregada respectando o crédito cara 500P.com.