Ponteceso na Rede

O alcalde de Ponteceso é o que máis cobra da Costa da Morte

José Luis Fondo Aguiar, do PP, é o terceiro alcalde no ránking dos que máis cobran na Costa da Morte cuns 3.500€ brutos ó mes (49.000€ ó ano) por detrás do alcalde de Cerceda, José García Liñares, do PSOE, que cobra 3.616€ ó mes (50.630€ ó ano) e o da Laracha, José Manuel López Varela, do PP, que anda nos 3.600€ ó mes (50.400€ anuais). O cuarto e quinto son Manuel Muiño Espasandín, do BNG por Zas, con 3.428€/mes e Antonio Pensado Plágaro, do PP por Coristanco, con 3.202€/mes respectivamente.

Atendendo ó que lle custan ós veciños, Fondo Aguiar sáenos a cada un de nós a 7,4€ ó ano, por detrás do alcalde de Cerceda e Zas con 9,2€ e 8,4€ anuais por veciño respectivamente.

(Información errónea. Actualizada na zona de Opinións ás 17:05h.)

En español: José Luis Fondo Aguiar, del PP, es el tercer alcalde en el ránking de los que más cobran de la Costa da Morte con unos 3.500€ brutos al mes (49.000€ al año) por detrás del alcalde de Cerceda, José García Liñares, del PSOE, que cobra 3.616€ al mes (50.630€ al año) y el de A Laracha, José Manuel López Varela, del PP, que anda por los 3.600€ al mes (50.400€ anuales). El cuarto y el quinto son Manuel Muiño Espasandín, del BNG por Zas, con 3.428€/mes y Antonio Pensado Plágaro, del PP por Coristanco, con 3.202€/mes respectivamente.

Atendiendo a lo que le cuestan a los vecinos, Fondo Aguiar nos sale a cada uno de nosotros a 7,4€ al año, por detrás de los alcaldes de Cerceda y Zas con 9,2€ y 8,4€ anuales por vecino, respectivamente.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. equivocación dixo o Xoves 26 ás 15:21h.:

    ¿A qué lle chamas Costa da Morte?

  2. 500P dixo o Xoves 26 ás 17:04h.:

    ACTUALIZACIÓN: A nova refírese a unha información publicada hoxe na páxina 4 do Diario de Bergantiños na que, polo visto, refírense á Costa da Morte como Bergantiños xa que citan entre outros A Laracha e Coristanco. Tamén mencionan Cerceda que nin pertence á Costa da Morte nin a Bergantiños, senón a Ordes.

    A Costa da Morte comprende os concellos de Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Zas, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Dumbría, Mazaricos, Fisterra, Cee, Corcubión e Carnota… daquela pódese deducir que Fondo é o alcalde que máis cobra de toda a Costa e López Varela de Bergantiños. Sempre tomando como fonte as cifras dese xornal.

  3. anonimo dixo o Sábado 28 ás 13:02h.:

    Mira a min tanto che me da que sexa do PP COMO DO PSOE COMO DO BNG, vamos que estes dous últimos non están demostrando na Xunta que os sueldos que se poñen son biaxos nomeando a directores xerais ó chou. A miña opiníón é que se unha persoa que é Notaria, deixa o seu choio para traballar polos demáis, mentras esté aí, ten todo dereito do mundo a cobrar o salario ata o que cobraba no seu posto. O alcalde de Ponteceso é arquitecto técnico, creo lembrar, ¿un arquitecto técnico non gaña ese salario?

  4. anonimo dixo o Luns 30 ás 11:09h.:

    A min non me importa o que cobra un alcalde, o que me importa é o que fai para gañar esos cartos, aí a diferencia. ¿Qué máis da que gañe 1000 Euros se por exemplo anda a perder subvencións millonarias? O qué si me parece sangrante é o que gaña o resto, 610 euros ao mes por non facer nada… saeme a 1200 euros por pleno… Creo que gañan tanto como os futbolistas de elite… Unha vergoña… Un desfalco en toda regra e nas narices… De todos os xeitos temos o que queremos…

Publique a súa opinión: