A Asociación de Empresarios de Ponteceso solicitou a adopción de medidas para limita-la velocidade do tráfico na rúa Aduana que da acceso ó casco urbán dado que alàconflúen un cambio de rasante, un paso de peóns e mais o cruce que leva á Casa do Concello ó que lle hai que suma-la alta velocidade ca que chegan a este punto os vehÃculos tra-la recta de Lestemoño e a subida da Bouza. Asà reclaman a instalación de semáforos reguladores ou bandas rugosas.
Dende o 25 de setembro ata o 9 de outubro Ponteceso acollerá a exposición sobre o pintor, escultor e gravador de Betanzos Jesús Núñez Fernández no IES Ponteceso.
[Información remitida polo Dto. de Prensa do Concello]
Os pais de nenos menores de 3 anos aceptados tra-la preinscipción teñen de prazo ata o vindeiro xoves dÃa 30 para formaliza-la matrÃcula de cara ó presente curso na Galescola de Ponteceso, que deberá estar rematada en outubro, ata completa-las 40 prazas dispoñibles.
Ademáis, haberá xogos no rÃo, concertos de corais, música tradicional, fogos de artificio, teatro…
[Actualización] Adrián tivo a deferencia de enviarno-lo cartel das festas:
Dado que esta nova se irá retrasando co paso dos dÃas, creamos unha páxina permanente na cabeceira da web para un rápido acceso ó programa festivo.
Nun primeiro momento plantexouse a posibilidade de amplia-lo edificio actual, o que foi imposible por mor do programa de ampliación do dominio público marÃtimo-terrestre do Ministerio de Medio Ambiente. Tra-lo acordo ó que se chegou coa Dirección General de Costas del Estado, a entidade cultural cede o antigo local do paseo fluvial a cambio dunha indemnización de 553.000 euros que non recibirá ata finais de ano. Asimesmo, o programa Agader outorgará unha subvención de 197.000 euros.
As sete zonas de carga e descarga que habilitará o Concello distribuiránse do seguinte xeito: unha na avenida de Anllóns, unha na rúa Vereda, tres na avenida Eduardo Pondal, unha na rúa Aduana e outra na avenida de Bergantiños. Estas zonas facilitarán a carga e descarga de mercadorÃa sen obstaculiza-la circulación.
Mención aparte merece a rúa Aduana: entre o incremento de habitantes nesa rúa dende hai anos, asà como a apertura de talleres de costura ou máis recentemente o permiso para construir un tanatorio sen aparcamento, propicia que os conductores por mor da falla de espacio para estacionar se vexan na obriga de deixa-los coches sobre a bairarrúa ou levalos ata A Bouza. Unha zona de carga e descarga non vai mellora-la situación.
Segundo Gerardo Suárez, presidente da Agrupación Cultural Deportiva de Veteranos de Ponteceso, o vindeiro domingo desputaráse o torneo de fútbol veterano ”La Amistad” coa participación dos equipos de Ponteceso, Nantón, Cabana, Club do Mar, Deportivo Carballo, Camariñas, Sporting Ciudad, San Román, Sofán e, posiblemente, o Baio. O torneo terá lugar das 9 ás 19 horas no campo de fútbol O Pinguel de Ponteceso.
O vindeiro domingo remata a Escola de Verán organizada pola AC Monte Branco de O Couto celebrando un festival con exposicións de pintura, representacións teatrais, danzas do mundo, baile moderno e maila actuación do dúo Orballo.
Dende mediados deste mes, os pais de Ponteceso e Corme deben leva-los seus fillos ós consultorios de Cabana e Laxe para seren atendidos dado que a pediatra titular da praza atópase de vacacións dende o dÃa 16 desde mes e ata principios de setembro, sen que o Segas nomeara persoal sustituto.
Polo que lemos en Corme.net, onte pola tarde un mozo cormelán colisionaba coa súa embarcación contra unha das bateas do polÃgono cormelán. A pesares do aparatoso do accidente, o mozo recuperáse favorablemente das feridas ocasionadas.
¡NOVIDADE!
Agora pode ve-la portada de 500P.com dende o seu teléfono móbil entrando en wap.500p.com
e acceder á última información de Ponteceso dende calqueira sitio.
Para entrar con PC precisa un navegador que soporte WAP, como Opera.