Ponteceso na Rede

XV día da Bicicleta en Ponteceso

Hoxe ás 11 da mañán máis de 70 participantes, entre peñas, nenos e maiores, sairon en bicicleta por Lestemoño, Monte Ardal, A Rocha, Porto do Souto, A Campara, Os Ánxeles, Brantuas de Abaixo, Carballido, Agra do Couto, Casa do Concello e chegada ó punto de partida, a praza do Relleno onde coincidiron cos participantes da Motofesta e, por momentos, rivalizaba o griterío dos nenos mentres recibían camisetas e agasallos co son dos escapes das motos. Tamén se sorteou unha flamante bici de aluminio.

A vindeira semana a cita será en Corme e, coma nesta ocasión, tamén está organizada polo Concello de Ponteceso.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. Jorge Castro dixo o Domingo 5 ás 21:08h.:

    Cando poñedes a caldo ó concello facédelo poñendo CONCELLO DE PONTECESO ben claro. Cando se organizan ben as cousas, como foi o día da bici en Ponteceso, tamén deberiades poñelo igual de clariño. Depois sempre estamos con que non se fan actividades…

  2. 500P dixo o Luns 6 ás 4:35h.:

    A información foi actualizada, Jorge. Non se actúa de mala fe, non gañamos nada con eso. De feito, calquera no Concello se pode rexistrar de balde no sitio (enviáronse no seu día invitacións por correo-e a tódolos departamentos do mesmo) para publicar de primeira man as súas informacións e evitar este tipo de susceptibilidades innecesarias que non nos benefician a ningún. A invitación segue aí, tanto para o Concello coma para calquer colectivo ou veciño que queira divulgar novas, fotos, vídeos, historias, etc. a través deste portal. Benvido :)

Publique a súa opinión: