Ponteceso na Rede

Avance das Festas da Barquiña 2007

Chéganos información do que van se-las festas da Barquiña deste ano, organizadas pola AC Río Anllóns coa colaboración do Concello de Ponteceso.

Así pois, as celebracións escomezarían o venres 7 de setembro co Festival Rock Anllóns coa participación de Loretta Martin, Overcrounz facendo hip-hop dende A Coruña, Rockers Go To Hell dándolle ó rock, tamén de Coruña, Skarmento tocando punk-rock dende Lalín e máis Justicieros de Buño, facendo rock. O festival inclúe churrascada, sorteo dunha guitarra eléctrica e entrada de balde. Éste é o cartel que nos enviaron e que xa vimos pegado esta fin de semana en diferentes puntos da comarca:

Festival Rock Anllóns

Seguindo co aspecto musical do programa da Barquiña, tódalas orquestas contratadas pertencerían á empresa Sito Mariño Espectáculos, de Arzúa. Deste xeito, o sábado 8 a sesión vermú estaría amenizada pola orquesta Los Player’s e pola noite verbena con ésta mesma e a orquesta Galicia. O domingo 9 tocarían Solera e Grupo Cabaret, o luns 10 o espectáculo correría a cargo de Compostela e Los Trovadores e, o martes 11, pecharían as festas a orquesta Los Satélites e Midas.

Ademáis, haberá xogos no río, concertos de corais, música tradicional, fogos de artificio, teatro…

[Actualización] Adrián tivo a deferencia de enviarno-lo cartel das festas:

Barquiña 2007

Dado que esta nova se irá retrasando co paso dos días, creamos unha páxina permanente na cabeceira da web para un rápido acceso ó programa festivo.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. anonimo dixo o Luns 27 ás 18:45h.:

    Por fin algo alternativo ás orquestras de sempre.
    Moitas gracias á organización.

  2. Quito dixo o Luns 27 ás 20:12h.:

    E seremos capaces de pagalas??

    Non sei se sabedes o traballo que costa facer unhas festas. Así que, non fagades traballar moito a esa xente da comisión que, co seu esforzo e altruismo, fai posible que a vila conte cunhas festas.

    Os tempos cambian e non vale darlle á comisión o mesmo que fai 15 anos. Propoño que fagades unha pequena conta. Reservade un euro cada semana do ano.

    1 € * 52 semanas = 52 €uros

    Si cada familia, puxese un mínimo de 52 euros para a festa, e os nosos empresarios e comerciantes se siguen portando coma sempre, sería moito máis doado facer unhas festas para tódolos públicos.

    Sorte á comisión.

  3. 500P dixo o Martes 28 ás 1:06h.:

    Como administrador deste sitio web, gustaríame poñerme a disposición dos organizadores da Barquiña (tamén dos de outras festas ou iniciativas que se desenvolvan no concello, sen distinción) para axudalos no que esté na miña man con só poñerse en contacto comigo por medio do correo-e de 500P.com ou do teléfono que está no webcard do choio.
    Dábao por suposto, pero se cadra non está de máis dicilo explícitamente :)

Publique a súa opinión: