Ponteceso na Rede

A Confraría de Corme ofrece once novas prazas de percebeiro

A Confraría de Corme, coa autorización da Consellería de Pesca, ofrece once novas prazas para mariscar (permex) que cubriran as baixas producidas por xubilación e outras causas. Sete delas son para capturas a flote e as outras catro para o traballo a pé. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Confraría, débese ter feito o curso de mariscador e o prazo para presenta-la documentación para obte-lo permiso de explotación remata mañán.

Por outra banda, a Confraría promove unha charla para a tarde do mércores 5 de setembro sobre resíduos mariños a cargo de persoal da Fundación Biodiversidade e do Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo e especialmente dirixida ós armadores, que terá lugar nas súas dependencias.

En español: La Cofradía de Corme, con la autorización de la Consellería de Pesca, ofrece once nuevas plazas para mariscar (permex) que cubrirán las bajas producidas por jubilación y otras causas. Siete de ellas son para capturas a flote y las otras cuatro para el trabajo a pie. Las bases están expuestas en el tablón de anuncios de la Cofradía, se debe haber hecho el curso de mariscador y el plazo para presentar la documentación para obtener el permiso de explotación finaliza mañana.

Por otra parte, la Cofradía promueve una charla para la tarde del miércoles 5 de septiembre sobre resíduos marinos a cargo de personal de la Fundación Biodiversidade y del Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo y especialmente dirigida a los armadores, que tendrá lugar en sus dependencias.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: