Ponteceso na Rede

En setembro comezarán as obras para terminar de cimenta-la EDAR de Ponteceso

Cando se construiu a mediados dos anos 90 a Estación Depuradora de Augas Residuais de Ponteceso no Xungal, xunto con oito kilómetros de colectores, só se pilotou a parte central na que se atopan as zonas de decantación e biodepuración polo que agora están a ceder parte do colector xeral, o pozo de entrada e o muro de peche provocando importantes gretas debido ó afundimento desas zonas. Segundo explicou o alcalde, leva dous anos reclamando unha solución que agora asume a Consellería de Medio Ambiente presupostando 404.185€ para un proxecto de actuación hidráulica de emerxencia para solventa-la elevada contaminación microbiolóxica mediante obras de saneamento adxudicadas á empresa Fergo Galicia a desenvolver durante o mes de setembro sen data concreta. Se ben esta empresa xa trouxo material de obra para o traballo, os técnicos da mesma ainda hoxe non saben se empregarán técnicas de micropilotaxe, pilotaxe ou lousas.

EDAR de Ponteceso

En español: Cuando se construyó a mediados de los años 90, junto con ocho kilómetros de colectores, la Estación Depuradora de Aguas Residuales de Ponteceso en la marisma sólo se pilotó la parte central en la que se encuentran las zonas de decantación y biodepuración por lo que ahora están cediendo parte del colector general, el pozo de entrada y el muro de cierre provocando importantes grietas debido al hundimiento de esas zonas. Según explicó el alcalde, lleva dos años reclamando una solución que ahora asume la Consellería de Medio Ambiente presupuestando 404.185€ para un proyecto de actuación hidráulica de emergencia para solventar la elevada contaminación microbiológica mediante obras de saneamiento adjudicadas a la empresa Fergo Galicia a desarrollar durante el mes de septiembre sin fecha concreta. Si bien esta empresa ya ha traido material de obra para el trabajo, los técnicos de la misma aún hoy no saben si emplearán técnicas de micropilotaje, pilotaje o losas.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. Quito dixo o Venres 31 ás 19:20h.:

    A depuradora fai máis de dous anos que sufre deficiencias, non só problemas do terreo, senón tamén problemas de funcionamento constantes. De todo isto, podemos sacar moitas conclusións, pero a peor de todas foi ubicala onde o fixeron, e deberíanse pedir responsabilidades para poñela onde a puxeron, no centro do casco urbano.
    Os colectores, claro que perden e moito, e logo cheira, e logo non hai quen os limpe, e logo vexa microorganismos, pero claro, é mellor votarlle a culpa a algún alcantarillado de obras mal feitas. Pois mira ti, esa tamén é responsabilidade do concello.

    Non facía falta ser adiviño para saber que, onde se ubicou este EDAR, ía traer problemas máis pronto que rápido.

  2. anonimo dixo o Venres 7 ás 16:28h.:

    Y m pregunto yo, ¿no sería mas fácil hacer los cimientos antes de empezar la depuradora? Eso de empezar la casa por el tejado se lleva mucho en este ayuntamiento.
    Hacen la depuradora y luego hacen los cimientos. Ponen a trabajar al técnico de informática y luego crean la plaza… En fin.

Publique a súa opinión: