Ponteceso na Rede

Arquivo de Agosto, 2007

Demarcación de Costas de Galicia fará unha senda peonil polo litoral de Malpica

Segundo a prensa, estánse a ultima-los detalles dunha futura senda peonil que discurrirá polos 48 kilómetros do litoral de Malpica, dende Aviño ata Punta Nariga, cunha garantía de vistas ó mar nun 70% do percorrido. Medio Ambiente financiaría a redacción do proxecto e a súa execución.

Sería unha mágoa que dende Ponteceso non aproveitarámos para sumarnos dalgún xeito a ese mesmo proxecto e darlle continuidade á senda dende Punta Nariga ata Cabo Roncudo. E máis tendo en conta que, ó discurri-la senda na súa meirande parte por terreo público pegado ó mar, as expropiacións e afectados serían mínimos e moi grande o incentivo turístico.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publícase o calendario da Liga de Veteranos da Costa

Ven de publicarse o calendario da Liga de Veteranos da Costa que comezará o vindeiro 2 de setembro, cos equipos participantes divididos en dous grupos. O Ponteceso e mailo Corme quedaron emparellados no Grupo A xunto con San Román, Buño, Zas, Camariñas, Sofán, Baio, Coristanco e Club del Mar. A primeira xornada depara os encontros Ponteceso-Baio e Buño-Corme que se desputarán ás 11 da mañán.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Montaxe fotográfica de Ponteceso e Valarés

Monográfico de imaxes sobre Ponteceso e Valarés, sazoado con algo de Corme e Monte Branco, editado coma vídeo e subido por quitogv o 15 de setembro do pasado ano.

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Resultados do Torneo de Fútbol Concello de Ponteceso

Os que seguen son os resultados do torneo de fútbol organizado polo Concello e desputado na tarde de onte no campo de O Cairo de Corme:

  • Categoría infantil: Corme CF 2 - 2 Ponteceso SD (venceu o Ponteceso na tanda de penatis)
  • Categoría xuvenil: Corme CF 4 - 2 Ponteceso SD
  • Categoría sénior: Corme CF 1 - 0 Ponteceso SD

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

“Nazón de Breogán” achegaráse a Ponteceso polo centenario do himno galego

O 20 de decembro cúmprense 100 anos da primeira interpretación en La Habana do Himno Galego. Dentro do programa de actos de conmemoración deste aniversario, a Vicepresidencia da Xunta traerá no derradeiro mes do ano a exposición Nazón de Breogán ata Ponteceso como a mellor homenaxe ao autor do poema Os Pinos. Os visitantes que se acheguen á mostra recibirán de xeito gratuíto un exemplar da edición especial da letra do Himno Galego que o departamento autonómico prepara para a celebración desta data.

Con esta iniciativa, a Vicepresidencia aposta por aproveitar o centenario para popularizar o himno de todos os galegos e galegas, un himno que en palabras do vicepresidente Quintana “oficializa os sentimentos de Galiza como país” e que expresa a loita dun pobo na defensa da súa lingua e da súa identidade.

A mostra Nazón de Breogán puido verse por primeira vez en Compostela en xuño de 2006, coincidindo coa celebración do 70 aniversario do plebiscito do Estatuto do 36. Dende esa data, xa foi visitada por máis de 60.000 persoas, ás que hai que sumar as 11.000 que coñeceron a versión da mesma en formato reducido que está a visitar as vilas galegas.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Humor: Juan e o récord dos chupitos

Juan, no Abeiro, batendo a súa propia marca persoal de 17 chupitos, ainda que un deles non caeu onde debía. O vídeo foi subido por Grobas o 5 de decembro do ano pasado.

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Esta tarde despútase o Trofeo Concello de Ponteceso de fútbol

Hoxe despútase o Trofeo Concello de Ponteceso de fútbol entre Corme, adestrado por Manuel Genaro, e Ponteceso, adestrado por Javier Bardanca, no campo de O Cairo de Corme ás 19:00h. Antes xogarán enfrontaránse os equipos de categoría infantil, ás 15:30h. e xuvenil, ás 17:00h. A entrada a todos eles será de balde.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

O PSOE estuda recadar sinaturas para cambia-lo horario dos plenos

Segundo unha nova aparecida na prensa escrita de hoxe, o PSOE de Ponteceso insiste no cambio de horario dos plenos, que actualmente son ás 9:00h., esixindo que se volvan a levar a cabo ás 20:30h. no inverno e ás 21:00h. no verán coma na anterior lexislatura.

A resposta do alcalde no anterior requerimento sobre este tema foi que se estudaría o cambio de horario se os propios veciños o requerían para poder acodir ós plenos, polo que agora o PSOE está a estudiar a posibilidade de recadar sinaturas entre os veciños en desacordo co presente horario que, sempre segundo o PSOE local, estableceuse para que os veciños teñan o mínimo coñecemento sobre dos temas tratados nas sesións plenarias.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Reportaxe polémica na TVG sobre a movida dos sábados en Ponteceso

Televisión de GaliciaVimos de ler na web do Portal Empresarial de Ponteceso, con data do 15 deste mes, unha nova que fala dunha reportaxe emitida pola TVG na que non deixa moi ben parada á movida de Ponteceso. Polo visto, abundan imaxes de pelexas, ruido e dan a entender como negativo o feito de que os locais pechen á hora establecida pola lei. Obviamente, a impresión dada sobre da movida na Ponte foi pésima.

 Agradeceriamos que quen saiba en qué programa, hora e día foi emitida a reportaxe o indique na sección de opinión de esta nova.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Novos vídeos da pasada Motofesta

Os rapaces do Motoclub Costa da Morte veñen de publica-los seus vídeos, gravados na pasada Motofesta. Están subidos a Youtube (subíronos eles mesmos, 500P.com non ten dereitos sobre os mesmos) polo que non podemos garanti-la dispoñibilidade dos mesmos nun futuro:

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente.)

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Fin de semana festiva e cultural en Corme

Venres 17 de agosto:

  • CHARLA SOBRE MASONERÍA: Ás 20.00h. José Ramón Varela imparte a conferencia Masonería, Mito e Realidade. No Baixo de Gelín. Organiza Fundación Torre-Pujales. José Ramón é Franc Masón dende fai máis de 15 anos. É membro da Gran Loxia Masónica Confederada de España. Dou diferentes conferencias en Vitoria, San Sebastián e Irún.
  • NOITE DE ENCANTOS NA FURNA: Festa multimusical na Furna do Osmo en Corme. Sete grupos forman parte do cartel da Noite de Encantos na Furna 2007, que se celebrará o vindeiro Venres en Corme. Haberá degustación gratis de churrasco a partires das 20.30h e despois: Grupo de Gaitas Inllar, Marchina dende Cerceda, Grito Negra, Esenzia de Lapo dende Vigo, Hip-Hop con 9 meses e reggae con Taru e os paxaros de coiro.
  • CICLO DE CINE DO OESTE: Proxectarase Dous cabalgan xuntos de John Ford (1961). Lembrade que no mes de Agosto continúa o Ciclo de Cine do Oeste e que as proxeccións son na Casa do Mar de Corme ás 22.30h.

Sábado 18 de agosto:

  • CHARLA SOBRE O CHOCOLATE: Ás 19.30h. María Teresa Torre Cervigón Licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid, con cursos de idiomas e perfeccionamento pola Complutense de Madrid e Sevilla, congresos en Londres, Boston, Viena, Chicago e Bos Aires, controladora de saúde da Expo 92 de Sevilla e Expo 98 de Lisboa, imparte: Saúde: As ventaxes do chocolate. No Baixo de Gelín. Organiza Fundación Torre-Pujales. NOTA: Daranse mostras de chocolate ós asistentes.
  • ACTUACIÓN DO MAGO ANTÓN: A partires das 22.30h na Praza da Ribeira en Corme, actuación do Mago Antón co espectáculo Magos no Pais das Marabillas. Organiza Concello de Ponteceso.

[Información remitida pola AVV Corme]

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Actuación do Mago Antón en Corme

O vindeiro sábado 18 de Agosto, ás 22:30 horas, actuará en Corme o Mago Antón, considerado como o mellor mago de Galicia e un dos mellores en toda España. O Mago Antón trae a Corme “MAGOS NO PAIS DAS MARABILLAS” e promete entretemento, diversión e sorpresas. Este acto está organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Cursos intensivos de natación do Concello de Ponteceso

Mañán comeza o terceiro turno dos cursos intensivos de natación que organiza este verán o Concello de Ponteceso. O horario é o que segue: ás 9:30h., natación terapéutica; ás 10:15h., alumnos de entre 9 e 13 anos; ás 11:00h., de 6 meses a 3 anos; ás 11:45h., de 4 a 5 anos; ás 12:30h., de 6 a 8 anos; ás 13:15h., entrada libre; ás 20:00h, grupo de iniciación; ás 20:45h., grupo de perfeccionamento; e ás 21:30h., grupo de acuafitness. Os prezos oscilan entre os 7,80€ do grupo dos máis cativos ata os 22,24€ para os maiores de 16 non empadroados.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Carlos Hurtado explicou cómo será o Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte

O venres, nunha charla organizada pola Fundación Torre-Pujales, o arquitecto madrileño Carlos Hurtado dou explicacións pormenorizadas de cómo ha se-lo Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte que estará ubicado na antiga casa da rúa Real de Corme. Asegurou que se trata dunha casa pequena cunha horta que se cubrirá para gañar espacio e acadar un baixo grande no que expoñe-las obras que contará con tres terrazas escalonadas a diferente altura para compensa-lo desnivel de dous metros e medio e cun espacio ó aire libre para as esculturas de maior volume. Subiráse a cuberta 1,20 metros para crear un almacén e dotaráse a mesma dunha lucerna para que a luz ilumine o fondo e dar dese xeito sensación de amplitude a un espacio pequeno de por si. Restauraráse o balcón ó que se lle engadirá o anagrama da Fundación e nas fiestras usaráse PVC en detrimento da madeira, cun mantemento máis custoso.

Segundo recalcou, nun ano haberá tempo dabondo para remata-las obras que escomezarán cando teñan a licencia do Concello e chegue unha subvención da Xunta duns 300.00€ que están agardando. Hurtado vivirá en Corme o tempo que duren as obras para supervisa-los detalles.

Carlos Hurtado na charla que deu en Corme
Carlos Hurtado na charla que deu en Corme. FOTO: Corme.net

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Vanse crear zonas azuis, zonas de carga e descarga e vados en Ponteceso

A Asociación de Empresarios de Ponteceso, tras da asemblea celebrada o martes coa presencia duns cincuenta comerciantes e veciños, presentou onte un escrito no rexistro municipal solicitando solucións para a falta de aparcamento:

Faláronse de casos nos que os vehículos que traen a mercancía non lles paran nas portas dos seus comercios porque ao ter que aparcar en dobre fila a Policía Local amenazounos con multalos. Algúns quéixanse de non poder entrar nos seus garaxes porque atópanse con coches aparcados nas entradas e algún outro porque non hai domingo que poida abrir o seu negocio ás sete da mañá por culpa do atranco dos coches. Tamén din que cada día hai máis de 60 coches entre A Trabe e Ponteceso que aparcan diante dos escaparates ás sete da mañá e arrancan ás nove da noite, ocupando o sito de clientes que poidan mercar no pobo. Así, solicitan ó alcalde que inste á Policía Local a vixia-las entradas ós garaxes contratando unha grúa para retirar os vehículos mal aparcados se é necesario, así coma a instalación de zonas de carga e descarga contratando unha grúa para retirar os vehículos mal aparcados se é necesario, e a creación dunha zona azul de ata dúas horas para evitar os estacionamentos prolongados.

En resposta, o alcalde Fondo Aguiar, asegurou que non vai haber ningún problema para cumplir co que se pide, ainda que asegura verse sorprendido polo das ameazas de multas xa que, di, dende que él é alcalde non houbo nin unha soa denuncia da Policía Local motivada pola carga e descarga. Onte mesmo os axentes percorreron as principais rúas para fixa-la ubicación das zonas de carga e descarga e que estén senalizadas e operativas para a vindeira semana. A cuestión da zona azul e control de vados ha levar máis tempo dado que haberá que facer un estudio previo e redacta-las ordenanzas que regulen os dous servicios para despois expoñelas durante un tempo antes da aprobación definitiva.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Comeza a construcción das sendas peatonais en Tella

O pasado mércores as excavadoras comezaron a delimita-las zonas polas que presuntamente descorrerán as sendas peatonais da travesía de Tella (na man esquerda da estrada en dirección Buño) cunha inversión duns 190.000€, ainda que polo de agora os veciños non coñecen os detalles do proxecto sobre o referente á outra marxe da vía na que se deberían construir beirarrúas e aparcamentos, coa expropiación dalgúns terreos.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

IV Ruta Cicloturística en Corme

Mañán domingo, celebraráse un ano máis esta ruta cicloturístisca en Corme organizada polo Concello de Ponteceso. A saída será ás 11 da mañá dende o peirao e durará sobre dúas horas. O percorrido transcorrerá dende o peirao, Cabo Roncudo, volta ó peirao, Pedra da Serpe, Igrexa San Adrián, Guxín, Corme Aldea e volta ó peirao. Sortearáse unha bicicleta así como complementos deportivos entre os participantes e tamén haberá trofeo para o máis novo e o máis vello. Prema nesta ligazón para descarga-lo percorrido máis polo miúdo.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publícase o anteproxecto da EDAR de Corme

O Pleno do Concello, na sesión do 30/07/2007 e por unanimidade dos concelleiros presentes, acordou aprobar o anteproxecto da EDAR de Corme. Faise público durante 20 días hábiles para que as persoas interesadas presenten as alegacións que consideren oportunas.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Sete grupos o vindeiro venres na “Noite dos encantos” en Corme

A “Noite dos encantos” celebraráse o vindeiro venres 17 na Furna do Osmo. Ás 20:30h. haberá churrasco de balde e unha exhibición de graffitis. Logo virán as actuacións de Grupo de Gaitas Inllar,  Folklóricos, Marchina dende Cerceda, Grito Negra, Essenzia de Lapo dende Vigo, hip-hop con 9 meses e reggae con Taru e os paxaros de coiro.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Aberto o prazo de inscricións para a viaxe a Avintes

A Concellaría de Cultura e Deportes ten aberto o prazo de inscrición para unha viaxe a Vila de Avintes, localidade irmán do Concello de Ponteceso en Portugal. A actividade está dirixida a nenas e nenos empadroados no concello e nados entre o 1992 e o 1996. A estancia será de dous días e realizaranse visitas culturais e actividades deportivas. O prazo de inscrición remata o luns día 13 de agosto ás 12 horas e ten un custo de 30€ que inclúe transporte, aloxamento e comidas.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido: