Ponteceso na Rede

Arquivo de Setembro, 2007

R está a instala-la súa fibra óptica en Ponteceso

R, Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.Dende o pasado luns, operarios da empresa de telecomunicacións R están a instala-la fibra óptica na zona escolar da Trabe que se irá extendendo paulatinamente ó resto do casco urbán. Segundo José Pose Facal, concelleiro de Infraestructuras, R comprometeuse a finaliza-lo traballo antes da fin do ano así como a levantar tramos pequenos da calzada para logo reconstrui-las beirarrúas de xeito progresivo. Tamén sinalou que o Concello se puxo en contacto tanto con R como con BP, que instalará o gas en Corme, para ver de minimiza-las molestias causadas ós veciños creando a canalización de forma conxunda, cousa que BP rexeitou. Mediante a fibra óptica R presta servicios de televisión, telefonía e internet.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Imaxe de Ponteceso nun cupón da ONCE

Polo que lemos no sitio web do Concello, a Organización Nacional de Ciegos de España (ONCE) vai sacar un cupón no que incluirán unha imaxe da ponte sobre o Anllóns.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Zonas de carga e descarga en Ponteceso

Parece que comezan a funciona-las zonas de carga e descarga no casco urbán de Ponteceso, ainda que polo de agora non en tódalas rúas nas que supostamente se han de implantar. Ditas zonas limitan o estacionamento de 8 a 12 horas e de 16 a 18 horas agás domingos e festivos. A medida atinxe directamente ós veciños que comezan a buscar aparcadoiro na rúa do paseo, paralela á principal, e mais na explanada privada que hai xunto a ela. Coa chegada da zona azul todo apunta a que a situación tenderá a agravarse aínda máis.

Zona de carga e descarga en Ponteceso

Zona de carga e descarga en Ponteceso

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Veteranos: O Ponteceso impúxose no derbi

No derbi da liga de veteranos desputado a pasada fin de semana, impúxose o Ponteceso por 0-2 fronte ó Corme no campo deste último, resultado que pon ó Ponteceso como líder da clasificación do Grupo A con 12 puntos, dous por riba do Buño.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Festas do Sacramento 2007 no Couto

Xa está en tódolos buzóns do concello o panfleto anunciador das Festas do Sacramento deste ano que se vai celebrar no Couto do sábado 6 de outubro ata o luns 8:

Festas do Sacramento - O Couto 2007

Festas do Sacramento - O Couto 2007

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Martín Varela, finalista do I Abierto Español DHO

No segundo cadro masculino do I Abierto Español DHO de Tenis en Silla de Ruedas desputado esta fin de semana nas pistas do Campus Deportivo da Universidad Autónoma de Madrid, o tenista cormelán Martín Varela (160º) conseguiu chegar ata a final onde sucumbiu ante o británico Kevin Simpson (189º) por un dobre 6-2. No torneo internacional, de categoría ITF3, participaron 38 xogadores dos que 6 pertencen ós 50 mellores do mundo.

O seleccionador nacional e Martín Varela
O seleccionador nacional e Martín Varela. FOTO: awebdequito.com

Martín Varela desputará dende mañán xoves ata o vindeiro domingo o II Open Illa de Re de Tenis en Cadeira de Rodas, competición que se celebrará na mencionada illa atlántica, a segunda máis grande de Francia despois de Córcega. O torneo xogaráse en pista dura e tamén está catalogado como ITF3.

Ubicación da Illa de Re nun mapa de Francia

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Exposición do Premio Jesús Núñez no IES de Ponteceso

Esta tarde ás 18 horas José García Liñares, deputado provincial e alcalde de Cerceda, inaugura no IES de Ponteceso unha exposición de trinta das 255 obras que se presentaron a concurso no I Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez organizado pola Deputación o pasado xuño. A exposición permanecerá accesible ás visitas ata o vindeiro 9 de outubro no horario de apertura habitual do instituto. O obxectivo do Premio maila exposición itinerante é, segundo a  Deputación, homenaxea-la traxectoria de Jesús Núñez así como promocionar ós artistas gráficos galegos.

I Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Qué pasou no pleno de onte

Damos conta do acontecido no pleno de onte que transcurriu por espacio dun par de horas dende as nove da mañán:

Conta Xeral de 2006. Aprobada co voto en contra de PSOE e BNG. O PSOE, por boca de Mato Pet, xustificou a contra dicindo que xa se opuxeran ó presuposto e que había unha chea de facturas sen xustificar. Pola súa banda o BNG, ó través de Varela Domínguez, criticou que a interventora municipal (de vacacións) non acodira ó pleno para poder facer aclaracións, denunciou unha falsedade documental no expediente e explicou que dende o 2001 tódolos exercicios se tiñan pechado con remanentes de tesourería negativos polo que a Lei obriga a aprobar un plan de saneamento financieiro nun prazo non superior a tres anos, cousa que non se fixo. Varela tamén incidiu no constante recurso do goberno municipal ós recoñecementos extraxudiciais de créditos. En resposta o alcalde Fondo Aguiar quixo aclarar que non se producira falsedade tal xa que se trataba en realidade dun simple erro que haberá de ser corrixido. En canto as débedas do concello matizou que, se ben no exercicio 2001 se cerrara cun déficit superior ó millón de euros, ese saldo negativo foi disminuindo ano a ano ata chegaren ós 200.000€ que se deben na actualidade, o que xustifica que non sea preciso acollerse a plan de saneamento ningún. Tamén dou en dicir que os recoñecementos extraordinarios son un recurso que permite a Lei e empréganse porque é imposible predici-los imponderables que xorden ó longo do ano.

Festivos locais para o 2008. Aprobouse un calendario idéntico ó deste ano con festividade o 15 e 16 de setembro coincidindo ca Barquiña. Se ben o PSOE respaldou ó executivo, o BNG propuxo que os festivos se repartisen entre Corme e Ponteceso.

Adaptación da PXOM á Lei do Solo. Aprobouse por unanimidade a solicitude á Consellería de Política Territorial dunha subvención para a redacción dos instrumentos de planeamento urbanístico e adaptar deste xeito o Plan Xeran de Ordeación Municipal á nova Lei do Solo.

Apartados de mocións, rogos e preguntas. Fondo Aguiar tildou de excesivas as preguntas presentadas polo BNG e criticou que as presentaran na última hora da mañán do venres así que solicitou que nun futuro o fixeran con maior antelación para darlle tempo a prepara-las respostas ou se vería na obriga de establecer un regulamento que fixe prazos e límites no número de preguntas. Dende as filas da oposición prometeron ser máis previsores polo que solicitaron adianta-la comisións informativas sobre asuntos do pleno para ter tempo de estuda-los temas xa que esta se convocara para o xoves anterior.

Asesoría de prensa no Concello. O PSOE interesouse pola laboura de Óscar Rey como asesor de prensa no Concello e o alcalde explicou que só é un colaborador que non realiza ningún traballo remunerado.

Factura telefónica de 2.833€. O PSOE formulou unha pregunta oral na que inquirían explicacións sobre dunha factura telefónica de máis de 2.800€ no mes de xaneiro que quedou sen respostar xa que Fondo se escudou en que dita pregunta non fora formulada por escrito e terá que agardar ó vindeiro pleno.

Áreas para caravanas. Foi aprobada por unanimidade unha moción presentada polo BNG para a creación de dúas áreas de servicio para autocaravanas que se ubicarán unha na explanada do campo de fútbol O Pinguel e outra na entrada de Corme e han contar cunha toma de auga así coma conexión á rede de alcantarillado para a recollida de augas grises e negras procedente dos vehículos. Non irán dotadas de zonas de aparcamento xa que, segundo Fondo Aguiar, non se dispón de espacio para elo.

Retransmisión radiofónica dos plenos. Non superou o trámite de urxencia a moción do BNG na que se solicitaba permiso para retransmiti-las sesións plenarias por medio de Radio Roncudo xa que, polo que explicou o alcalde, os veciños poderán segui-las por internet a partires do vindeiro ano.

No seguinte resumo imos explicar outras das respostas ofrecidas por Fondo Aguiar a algunhas das preguntas formuladas polo Bloque, se ben é preciso subliñar que mesmo as preguntas formuladas directamente ós distintos concelleiros foron contestadas tamén polo propio alcalde:

A Galescola: As obras están case rematadas e tan só falta que a Xunta equipe as instalacións e urbanice o entorno polo que, de cumprírense os prazos, a Galescola abrirá o 5 de novembro con 64 plazas sobre das cales houbo 24 solicitudes de matrícula.

Punto limpo: Esta semana escomezará a recollida de voluminosos a domicilio.

Gas en Corme: Explicouse que non hai ningún proxecto presentado para o futuro depósito de gas de Corme e que o Concello tampouco daría aprobación algunha a nada ata que o autorice a Consellería de Industria.

Zonas de carga e descarga en Ponteceso: Han estar listas nun prazo de quince días.

Beirarrúas ata O Pinguel: As explicacións sobre o por qué de non ter escomezado as obras de bairarrúas na rúa Aduana correspóndelle á Deputación.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

BOP: dedicacións exclusivas e indemnizacións ós concelleiros por asistir ós órganos colexiados

A tenor da noticia anterior sobre do PERI de Corme, estivemos a curiosear uns minutos no Boletín Oficial da Provincia e demos co anuncio relativo ás dedicacións exclusivas e indemnizacións ós concelleiros por asistir a órganos colexiados publicado no BOP do 14 de setembro:

O Pleno do Concello, na sesión do 25.06.2007, acordou fixar as seguintes retribucións:

1. Dedicación exclusiva da Alcaldía: 49.000,00 €/brutos anuais, en 12 pagas ordinarias e 2 pagas extraordinarias. [José Luis Fondo Aguiar]

2. Dedicación exclusiva e parcial das áreas delegadas:

- Concelleiro delegado de Turismo e Deportes: 25.801,02 €/brutos anuais, en 12 pagas ordinarias e 2 pagas extraordinarias. [José Manuel Nuñel Costa]

- Concelleiro delegado de Infraestruturas e Policía: 31.701,46 €/brutos anuais, en 12 pagas ordinarias e 2 pagas extraordinarias. [José Pose Facal]

Concelleiros/as delegados/as de Servizos Sociais [Beatriz Martínez Fernández], Medio Ambiente [Francisco Valiña Vázquez], Sanidade [José Luis Bermúdez García] e Protección Civil e Cultura [Susana Cousillas Sánchez]: 612,50 £/brutos** mensuais, en 12 pagas anuais.

As contías sinaladas incrementaranse anualmente coa porcentaxe que o Goberno fixe para os funcionarios públicos.

3. Os/as concelleiros/as percibirán por asistir a órganos colexiados 30,00 € por sesión. Se o mesmo día hai máis de unha sesión, os/as concelleiros recibirán tan só a indemnización correspondente a unha sesión.

Ponteceso, 31 de agosto de 2007

*Entre corchetes: engadidos do editor tirados da corporación municipal vixente publicada no sitio web do Concello.

**Damos por suposto que aparece o símbolo da libra esterlina no canto do símbolo do euro por mor dun erro no programa informático OCR empregado para a dixitalización do boletín e que debería ser corrixido a curto prazo.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

BOP: Publicada a licencia para a construcción do apart-hotel en Corme

Segundo se publica no BOP, sae a exposición pública a licencia para a construcción do apart-hotel en Corme:

AMATISTA, S.L. solicitou neste concello licenza municipal para a construcción dun apart-hotel en Corme Porto, PERI 12.1.
Este expediente expoñerase ó público durante dez días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, según estipula o parágrafo a) do número 2 do art. 30 do Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas do 30 de novembro de 1961.
Todas as persoas que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas, na Secretaría deste concello, en horario de 9.00 h a 14.00 h., de luns a venres.
Ponteceso, 5 de setembro de 2007

Edicto do 24 de setembro de 2007 >>

Anuncios anteriores, publicados o 14 de setembro, sobre a correción de erros do proxecto de urbanización así coma da aprobación definitiva deste mesmo e mai-lo proxecto de equidistribución do PERI 11.1 e 12.1 de Corme que presentou don José Fariña Varela, actuando na representación de Amatista, Gestión de Patrimonio y Suelo, S.L., para a súa aprobación:

Corrección de erros da aprobación inicial do proxecto de urbanización da parcela PERI 11.1 en Corme >>

Corrección de erros da aprobación inicial do proxecto de urbanización da parcela PERI 12.1 >>

Aprobación definitiva do proxecto de equidistribución do PERI 11.1 >>

Aprobación definitiva do proxecto de equidistribución do PERI 12.1 >>

Aprobación definitiva do proxecto de urbanización o PERI 11.1 >>

Aprobación definitiva do proxecto de urbanización do PERI 12.1 >>

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Fútbol: Ponteceso e Corme acadan a victoria

Nos patidos do Grupo II da 2ª Autonómica desputados o pasado domingo, os equipos do concello colleitaron cadansúa victoria. O Ponteceso venceu por 2-1 ante o Sofán no Pinguel, o que o coloca líder da clasificación con 10 puntos, un por riba do Cee. Tamén o Corme logruo gaña-lo seu encontro fronte o Baio ó que lle endosaron un 3-1 na casa.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

A política municipal na Voz de Galicia

En vísperas de día de pleno, La Voz de Galicia decidiu adicarlle unha páxina dereita por completo á política municipal do concello destacando o aumento da actividade tanto do goberno como da oposición dende que os veciños decidiron que a vantaxe dos primeiros fose dun só concelleiro [7 (PP) - 6 (3 PSdeG + 3 BNG)]. O pleno de mañán comezará ás 9h. e, por suposto, poden presencialo tódolos veciños que teñan tempo de achegarse ó Concello.

Deixamos aquí cadansúa ligazón ás impresións dos distintos grupos que, como diciamos, publicou hoxe o xornal:

José Luis Fondo Aguiar (PP - Goberno)Rafael Mato Pet (PSdeG)Manuel Varela (BNG)

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Un novo espazo sobre as motos na costa da morte

Navegando por internet, acabo de encontrar este novo espazo relacionado co mundo das motos, prestando especial interese ós pilotos e acontecementos da zona. Debe de levar moi pouquiño, porque só ten 4 entradas ou así. A ver se pouco a pouco vai facéndose un oco, que non está nada mal que alguén nos informe sobre os moteiros e os acontecementos que ocorren preto de nos.

A dirección é www.gzmoto.blogspot.com.

A ver que vos parece.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Actividades para a fin de semana en Corme

Esta fin de semana temos unha cita obrigada en Corme, onde se nos ofrecen diversas propostas para desfrute de veciños e visitantes:

  • Hoxe, venres 21:
    • Ás 19:30h. Charla sobre Urbano Lugrís, pintor con vínculos coa localidade de Malpica no baixo de Gelín. Organiza a Fundación Torre-Pujales.
    • Ás 22:00h. Proxección da película “Las uvas de la ira”. Organiza Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” de Corme.
    • Ás 23:00h. Gran verbena a cargo das orquestas “Ría de Arousa” e “Almirantes” dentro do programa das festas dos Remedios 2007.
  • Mañán, sábado 22:
    • Ás 23:00h. Gran verbena a cargo das orquestas “Fantasía” e “Cámara”.
    • Ás 00:00h. Cotillón, uvas e champán gratis para celebrar o Fin de Ano por adiantado.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

O Acontecer, número 1

O Acontecer - Semanario gratuito

Saiu á rúa o número 1 do semanario gratuito O Acontecer, con sede en Ponteceso, por segundo venres consecutivo tra-lo exemplar de presentación distribuido a semana pasada.

[Prema aquí para descargar O Acontecer, número 1]

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Los Lunnis gravan un episodio no CRA de Ponteceso

TVE gravou dende as 9:30h. de onte un episodio de Los Lunnis sobre a colleita do millo coa colaboración de 18 alumnos do CRA de Ponteceso que vai ser emitido entre outubro e novembro. Parece ser que hoxe continuarán a filmar na praia de Niñóns coa presencia de 56 alumnos do centro rural agrupado.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Captura experimental de lapa en Corme

A partires do vindeiro mes, os percebeiros de Corme escomezarán un plan experimental de captura de lapas nas rochas ubicadas entre punta Nariga e a enseada do Anllóns durante 35 días ó ano repartidos en dous períodos: entre febreiro e maio e entre setembro e novembro, con veda a partires de decembro. Existe xa un posible comprador que pagaría ata 2,5€ por kilo.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Liga de Veteranos: o Ponteceso golea e o Corme cae pola mínima

O partido do grupo A da Liga da Costa de veteranos desputado esta fin de semana entre o Ponteceso e o Club del Mar no Pinguel deparou unha tunda do equipo local por 4-1, resultado que sitúa ó Ponteceso colíder da clasificación tras tres partidos, xunto co Buño e o Zas. Non correu a mesma sorte o Corme que perdeu 1-0 no campo do San Román.

Leer en español »

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Martín Varela, campiÃ