Ponteceso na Rede

Zonas de carga e descarga en Ponteceso

Parece que comezan a funciona-las zonas de carga e descarga no casco urbán de Ponteceso, ainda que polo de agora non en tódalas rúas nas que supostamente se han de implantar. Ditas zonas limitan o estacionamento de 8 a 12 horas e de 16 a 18 horas agás domingos e festivos. A medida atinxe directamente ós veciños que comezan a buscar aparcadoiro na rúa do paseo, paralela á principal, e mais na explanada privada que hai xunto a ela. Coa chegada da zona azul todo apunta a que a situación tenderá a agravarse aínda máis.

Zona de carga e descarga en Ponteceso

Zona de carga e descarga en Ponteceso

En español: Parece que comienzan a funcionar las zonas de carga y descarga en el casco urbano de Ponteceso, aunque por ahora no en todas las calles en las que supuestamente se van a implantar. Dichas zonas limitan el estacionamiento de 8 a 12 horas y de 16 a 18 horas salvo domingos y festivos. La medida atañe directamente a los vecinos que comienzan a buscar aparcamiento en la calle del paseo, paralela a la principal, y en la explanada privada que hay junto a ella. Con la llegada de la zona azul todo apunta a que la situación tenderá a agravarse todavía más.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. Toño dixo o Xoves 27 ás 13:51h.:

    Eramos poucos e pariu a avoa. Aínda non vin un só veciño ó que lle parecese ben esta medida nin o da zona azul (se cadra algún haberá, só falo por mín e do que me di a xente ca que falo)… un pobo de catro rúas mal contadas e ter que ir a aparcar a onde vira o vento, ¡manda pelotas! ¿Alguén sabe siquiera se o Concello ten pensado mercar ou alugar a explanada que hai detrás do Aliprox para arranxar un pouco a cagada que están facendo?

  2. Quito dixo o Venres 28 ás 12:03h.:

    Quizais o concello se precipitou un pouco e comezou a casa polo tellado. Se a xente e os empresarios se cabreaban porque non había lugares para aparcar (e zonas de descarga), o mellor que se lles ocorre é primeiro poñer as zonas de descarga e máis adiante buscar onde aparcar. Creo que debería ser ó revés, por razóns obvias. Se os policías municipais teñen que dirixir algunha vez á semana o tráfico para “axudar” ós transportistas a descargar, pois faise, e non darlle a oportunidade de ter unha zona de descarga … ¿e os compradores? ¿onde van aparcar agora?

    Iso ti, agora teñen a estrada libre para poder pasar por Ponteceso sen facer unha parada, porque simplemente a día de hoxe nunca oubo tan pouco sitio para aparcar.

Publique a súa opinión: