BOP: dedicacións exclusivas e indemnizacións ós concelleiros por asistir ós órganos colexiados
A tenor da noticia anterior sobre do PERI de Corme, estivemos a curiosear uns minutos no BoletÃn Oficial da Provincia e demos co anuncio relativo ás dedicacións exclusivas e indemnizacións ós concelleiros por asistir a órganos colexiados publicado no BOP do 14 de setembro:
O Pleno do Concello, na sesión do 25.06.2007, acordou fixar as seguintes retribucións:
1. Dedicación exclusiva da AlcaldÃa: 49.000,00 €/brutos anuais, en 12 pagas ordinarias e 2 pagas extraordinarias. [José Luis Fondo Aguiar]
2. Dedicación exclusiva e parcial das áreas delegadas:
- Concelleiro delegado de Turismo e Deportes: 25.801,02 €/brutos anuais, en 12 pagas ordinarias e 2 pagas extraordinarias. [José Manuel Nuñel Costa]
- Concelleiro delegado de Infraestruturas e PolicÃa: 31.701,46 €/brutos anuais, en 12 pagas ordinarias e 2 pagas extraordinarias. [José Pose Facal]
Concelleiros/as delegados/as de Servizos Sociais [Beatriz MartÃnez Fernández], Medio Ambiente [Francisco Valiña Vázquez], Sanidade [José Luis Bermúdez GarcÃa] e Protección Civil e Cultura [Susana Cousillas Sánchez]: 612,50 £/brutos** mensuais, en 12 pagas anuais.
As contÃas sinaladas incrementaranse anualmente coa porcentaxe que o Goberno fixe para os funcionarios públicos.
3. Os/as concelleiros/as percibirán por asistir a órganos colexiados 30,00 € por sesión. Se o mesmo dÃa hai máis de unha sesión, os/as concelleiros recibirán tan só a indemnización correspondente a unha sesión.
Ponteceso, 31 de agosto de 2007
*Entre corchetes: engadidos do editor tirados da corporación municipal vixente publicada no sitio web do Concello.
**Damos por suposto que aparece o sÃmbolo da libra esterlina no canto do sÃmbolo do euro por mor dun erro no programa informático OCR empregado para a dixitalización do boletÃn e que deberÃa ser corrixido a curto prazo.


Publique a súa opinión: