Arquivo de Outubro, 2007
500P
Mércores 31 de Outubro de 2007 ás 16:40
Vai resultar que Ponteceso pertence á provincia de Pontevedra e ninguén se dignou a informar ós veciños. A nova xordiu a raiz da choiva de coches que se deu en Anllóns na mañán do domingo, que propiciou que numerosos medios se achegasen ata Ponteceso para dar testemuña do acontecido, entre eles Antena 3 que publica na súa páxina de noticias o seguinte:
Atribúen a fonte a axencias de noticias sen especificar cal en concreto, dando a entender que copiaron e pegaron directamente do teletipo sen sequera mirar na Wikipedia onde estaba realmente ubicado Ponteceso. Claro que tampouco dan crédito da autorÃa das fotos, unha das cales non carga e o vÃdeo tampouco, cando en diversos medios se atribúen ó fillo da propietaria e máis ó seu teléfono móbil. Se tódalas novas que dan están tan ben contrastadas e elaboradas coma esta…
Hai que tomalo a risa, claro, a ver agora cántos turistas se nos perden por Pontevedra adiante a buscar pola Vila de Pondal!
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Mércores 31 de Outubro de 2007 ás 10:09
Acadáronse as 328 inscricións nas distintas Escolas Deportivas do Concello de Ponteceso para a tempada 2007/2008:
Escola de Fútbol Sala: 65 alumnos.
Iniciación á patinaxe: 39 alumnos.
Patinaxe artÃstico: 26 alumnos.
Escola de Judo: 96 alumnos.
Ximnasia rÃtmica: 12 alumnos.
Baloncesto: 15 alumnos.
Pequemotricidade: 49 alumnos.
Xadrez: 4 alumnos.
Tenis: 22 alumnos.
Tódolos alumnos son nenos e nenas do Concello en idade escolar. Faltan por contabilizar as inscricións de Ximnasia de Mantenemento e Ximnasia terapéutica.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Martes 30 de Outubro de 2007 ás 17:15
A Garda Civil de Ponteceso atopou na pasada fin de semana tres motos de trial de 125 cc., da mesma marca, modelo e sen matrÃcula, agochadas entre a maleza preto de Corme, no lugar de Paxariña. O número de bastidor das tres indica que proceden de Valencia e poderÃan ter sido roubadas.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Martes 30 de Outubro de 2007 ás 17:00
A ONG da que forman parte varios veciños de Corme, Norte-Sur Solidario ven de estrear sitio web corpoeativo. Acceda premendo na captura:
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Martes 30 de Outubro de 2007 ás 8:00
Foron elixidos por unanimidade José Santos Rial coma secretario de Acción Rural e Manuel Taibo FontaÃña de relación coas asociacións, Isabel Vuelta Gonzáles na SecretarÃa de Muller, JoaquÃn Pose Suárez na SecretarÃa do Mar. Na mesma reunión na que se constituiu a nova asemblea local tamén se aprobou a compra de 2.000 euros de loterÃa e a organización para finais de novembro dunha cea-baile.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Luns 29 de Outubro de 2007 ás 13:21
O mércores 31 de outubro, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia achegaráse ata Ponteceso. Quenes desexen doar sangue poderán facelo na Praza do Relleno de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas.
O sangue non se pode fabricar
Cada dÃa os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades.
Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo.
Doar sangue non debilita o noso organismo
15 minutos do teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas.
Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas.
Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso.
Na doazón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue.
Doar sangue é voluntario e altruÃsta.
Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe.
Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguÃneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Luns 29 de Outubro de 2007 ás 13:03
Na madrugada do sábado ó domingo producÃronse dúas saÃdas de vÃa:
A primeira, pouco máis tarde das cero horas, tivo lugar na saÃda de Corme sen provocar danos persoais nin materiais.
A segunda foi en Anllóns , sobre as seis e media da mañán, cando un vehÃculo se saiu da estrada derrubando un valado e empotrándose no tellado dunha casa. Se ben non houbo que lamentar danos persoais, os danos materiais sà foron cuantiosos. Como causas do percance manéxanse unha distracción ou que o parabrisas se empañara ainda que o conductor, veciño de Pazos, superara a tasa máxima permitida de alcol.
O Seat Ibiza estampado no tellado. FOTO: lavozdegalicia.es
Segundo unha das habitantes da casa, é frecuente o paso de vehÃculos por esa estrada secundaria que procuran eludir os controis da Garda Civil de Tráfico.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Luns 29 de Outubro de 2007 ás 12:56
Despois da victoria do Ponteceso o sábado, o Corme fixo o propio vencendo fóra da casa ó Monte Louro por 0-1.
Por outra banda, rematou a primeira volta da Liga de Veteranos onde o Ponteceso mantén o segundo posto no grupo A a catro puntos do San Román logo de gañar en Camariñas por 0-2. O Corme perdeu na casa por 1-4 co Coristanco situándose antepenúltimo con seis puntos.
Na Liga Norte de XuvenÃs (grupo 4) caeron derrotados os dous equipos do concello: o Corme por 2-0 xogando fóra fronte o Cabana e o Ponteceso na casa por 3-4 contra o Bergantiños. Sitúanse no medio da táboa clasificatoria, quinto e sexto respectivamente, ambolosdous con dez puntos.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Domingo 28 de Outubro de 2007 ás 10:06
A XVII Feira das Fabas organizada pola ConcellerÃa de Cultura do Concello de Ponteceso foi todo un éxito. Coincidindo ca fin da recolleita de fabas, achegáronse onte ata a carpa instalada no campo da feira da Trabe case dúas mil persoas. O cuberto para a fabada valÃa 5€ podendo repetir tanto fabada coma bebida as veces que cada quen quixese mentres soaba a música da banda de gaitas e máis dunha charanga.
A falta de cifras oficiáis, os datos da prensa de hoxe ofrecen informacións dispares sobre da macrofabada: estÃmase que se rozaron as 2.500 racións servidas; entre 200 e 400 kilos de fabas; entre 300 e 400 kilos de carne, con pata de porco e 100 kilos de chourizo que foron mesturados durante varias horas cunha gran culler, xunto con 50 kilos de cebola, 20 kilos de allos, pirixel, pimentón, etc., por Pablo Blanco, Josefa Amado e Manolo Ramil, cociñeiros xa nos dezaséis anos anteriores, nunha perola de aceiro descomunal. Tamén se beberon 500 litros de viño ós que se acompañaron 150 kilos de pan a cargo da PanaderÃa Forniños, que elaborou un molete xigante.
En canto ó concurso, con premios entregados polo alcalde Fondo aguiar, a cousa quedou asÃ:
CategorÃa Faba do paÃs
1º premio: Carmen Amado Veiga
2º premio: Manuel MartÃnez Vázquez
3º premio: Pilar Eiroa Mosqueira
CategorÃa Faba asturiana
1º premio: Manuel RodrÃguez GarcÃa
2º premio: Modesto Dourado Lema
3º premio: Maruja Cambón
CategorÃa Faba de riñón
1º premio: MartÃn Taibo
2º premio: MarÃa Teresa Souto MartÃnez
3º premio: Secundino
A festa tivo un custo de entre 6.000 e 9.000 euros que se han amortizar coa venda dos cubertos de barro que se empregaron para a degustación.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Domingo 28 de Outubro de 2007 ás 9:15
As xornadas do centenario do Himno Galego, que terán lugar na Casa dos Veciños de O Couto en decembro, foron presentadas onte ás 12:30h. na Casa de Pondal.
Programa, do 18 ó 20 de decembro:
Abriránse as xornadas o martes 18 de decembro coa charla “Nós temos letra. Proposta didáctica para o profesorado ó redor do himno” de 18h. a 19:30h. Haberá un recital poético pondaliano de 19:45h. a 21h. a cargo de Miro Villar, Alexandre Nerium e, aÃnda por confirmar, Manuel Rivas.
O mércores 19, de 18h. a 19:30h. Xosé Neira Vilas disertará sobre “A estrea do Himnno galego en América no ano 1907″. De 19:45h. a 21h. a Coral Polifónica da Estrada interpretará o “Concerto coral do Himno galego. Letra de Xosé MarÃa Lema Suárez e música do seu director Javier Comesaña”.
Por último, o xoves 20, dÃa do centenario, de 18h. a 19:30h. será a charla “Unha visión do Himno galego desde o 2007″ a cargo de Manuel Ferreiro Fernández, o maior estudoso da obra de Pondal, para proceder logo co “Concerto do Himno galego” a cargo da Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso.
A exposición “Nazón de Breogán” da ConsellerÃa de Vicepresidencia e Benestar estará aberta durante os tres dÃas.
O programa non está aÃnda pechado, e pode que se engada algún novo acto. Se ben as xornadas son para profesores o público xeral pode tomar parte, sempre tendo en conta os lÃmites do aforo.
Celestino Pérez Recarei , director do Centro de Organización e Recursos da Coruña, explicou que has xornadas xirarán en torno ás figuras do autor da letra do Himno, Eduardo Pondal, ó compositor da música, Pascual Veiga e a Xosé Fontenla Leal coma un dos impulsores do Himno e impresor da primeira partitura. Coas xornadas, dirixidas a profesores, procúrase a formación duns cen mestres de Miño a Fisterra para que poidan levar ás aulas os coñecementos sobre o Himno. Os asistentes recibirán un certificado polas dez horas de formación.
José Luis Fondo Aguiar , alcalde de Ponteceso, sinalou o acto de homenaxe coma necesario e recalcou a súa importancia xa que servirá para dar a coñecer Ponteceso. Tamén dixo agardar que para a data do centenario esté rematada a Fundación Eduardo Pondal ubicada na reitoral de Cospindo e se poidan levar alà algúns dos actos.
Jaime Valdés , descendente de Pondal e actual propietario da casa, comentou sobre do perfeccionismo de Eduardo Pondal, lembrou a ausencia de connotacións polÃticas no himno asà coma a súa mentalidade aberta. Tamén destacou as obras de Cesáreo, irmán de Pondal, a prol de Ponteceso ó trae-lo Concello dende A Bugalleira, facer unha ponte, unha estrada, e fundar unha feira entre outras cousas.
Os actos tamén estiveron presentados por José MarÃa Varela , directivo da Asociación de Veciños do Couto e autor do programa.
Para inscribirse nas xornadas abonda enviar un fax ó Centro de Formación da Coruña ó 981 27 23 88. Información máis polo miúdo ha ser enviada próximamente ós colexios.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Domingo 28 de Outubro de 2007 ás 9:00
Nun dos partidos adiantados da presente xornada, desputado na tarde de onte, o Ponteceso logrou gañarlle ó Cee no Estadio Novo RaÃces por 0-1 cun gol de Pablo no minuto dez e cun disparo de Toniño que petou no longueiro. Con este resultado o Cee segue a mante-lo liderato pero o Ponteceso ponse segundo do grupo II da Segunda Autonómica cun só punto de diferencia.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Sábado 27 de Outubro de 2007 ás 12:00
O Acontecer desta semana trata, no referente ó concello, temas como as obras na estrada de Tella, a Festa das Fabas, o collage do curso de avellentamento e o percebe do Roncudo nas páxinas 22 e 23 do semanario.
[Prema aquà para descargar O Acontecer, número 6]
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Sábado 27 de Outubro de 2007 ás 11:00
A Casa dos Veciños do Couto acolle esta noite un certame de corais polifónicas a partires das 20:30h. no que actuarán a agrupación A Oliveira, da A.C. Monte Branco e maila Coral Faberense de Fabero, León. A entrada será de balde.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Sábado 27 de Outubro de 2007 ás 10:00
José Mato Pet, portavoz do PSOE de Ponteceso, vai presentar unha proposta para que se inclúan varios proxectos no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación: creación dun área recreativa na curva de Chenlo, Niñóns; a Casa dos Veciños de Brántuas; un campo de fútbol en Xornes; un valado no Campo dos Seixos de Tella; unha cuberta no polideportivo de Corme Aldea; a mellora do Campo da Festa da Graña e mai-la pista de acceso ó mesmo; a dotación de auga e electricidade ó cemiterio de Pazos.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Venres 26 de Outubro de 2007 ás 13:00
Os propietarios de terreos expropiados para a construcción das estradas AC-422 de Buño a Ponteceso [coidamos que esa estrada agora é a AC-419] e maila AC-424 de Ponteceso a Corme deberánse presentar no Concello o vindeiro 12 de novembro de 9 a 10 horas para percibi-las compensacións. A lista de afectados está exposta no taboleiro de anuncios municipáis.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Venres 26 de Outubro de 2007 ás 12:15
Toda a información relativa ó XIV Ciclo de Teatro en Ponteceso que se celebrará no salón de actos da A.C. RÃo Anllóns ás 22:30h. durante cinco sábados a partires do 10 de novembro e entrada de balde, organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso, dentro do conxunto de actividades culturais para este Outono pode descargala premendo na seguinte ligazón:
[XIV Ciclo de Teatro en Ponteceso]
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Venres 26 de Outubro de 2007 ás 10:00
A ConcellerÃa de Cultura do Concello de Ponteceso organiza o vindeiro sábado 27 de outubro a XVII Feira das Fabas. Baixo unha gran carpa, ás oito da mañán dará comezo a feitura da fabada, ás dez será a recollida das fabas para o concurso con entrega de premios á unha e degustación da gran fabada medio hora despóis. Durante todo o dÃa haberá unha pulpeira da Ulla.
[Cuña publicitaria da XVII Feira das Fabas de Ponteceso]
Actualización : Sabemos agora que o concurso para elixir ós mellores exemplares divÃdese en tres categorÃas: riñón, paÃs e asturiana, asà coma o custo de cada ración: só 5€ que inclúen a fabada, o pan, a bebida e máis a taza e o prato conmemorativos. O cartel co programa é este:
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Venres 26 de Outubro de 2007 ás 9:00
José LuÃs Fondo Aguiar, acodiu onte a un programa de Radiovoz sobre polÃtica municipal e no dÃa de hoxe a Voz de Galicia transcribe dita conversa. A transcripción mencionada é a que segue:
El alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, aseguró ayer en Radio Voz, durante su participación en el espacio Cita co Concello , de Voces de Bergantiños , que aunque el polÃgono industrial de A Mezquita «tivo un estancamento nos últimos anos», la situación es ahora totalmente diferente. De hecho, indicó que «en só os últimos dous o tres meses a demanda de licenzas para construÃr novas naves é considerable».
Asà las cosas, el regidor señaló que, «de aquà á próxima primavera o polÃgono sufrirá un crecemento espectacular», tanto, que, «en conxunto virán máis empresas e se construirá máis do que xa hai na actualidade».
El parque empresarial de Ponteceso, ejecutado por Xestur, tiene una superficie total de 105.243 metros cuadrados, aunque, según los datos hechos públicos está misma semana por la Cámara de Comercio de A Coruña, sólo hay disponibles poco más de 13.000 metros cuadrados. Las previsiones de este organismo empresarial señalan que la puesta en marcha del puerto exterior de A Coruña supondrá un gran impulso para la creación de superficie industrial en la comarca de Bergantiños, asà como para la creación de empresas en la zona. Una idea con la que también coincidió el alcalde pontecesán, que indicó que el nuevo puerto no sólo afectará de forma positiva al crecimiento industrial de la localidad, sino que también supondrá un aumento considerable de la población. «Coas novas carreteras e co tirón que terá a comarca o porto exterior, as empresas van a achegarse tamén a Ponteceso», dijo.
Según la Cámara de Comercio, entre el 2008 y el 2015, la demanda de suelo industrial en Ponteceso aumentará en 61.000 metros cuadrados. La demanda, según Fondo Aguiar, ya se ha hecho evidente: «O que nos esixÃa a Xunta para poder ampliar o polÃgono é que estivese edificada unha porcentaxe do 90% e esa cifra xa se alcanzou, asà que a solicitude está xa feita». El alcalde confÃa en que esa ampliación se haga realidad entre el próximo año y el 2009.
Durante su participación en Cita co Concello, Fondo Aguiar también fue preguntado por la precaria situación económica de la cofradÃa de Corme, a la que la ConsellerÃa de Pesca adeuda más de 50.000 euros. Una cantidad imprescindible para poder pagar las nóminas de sus empleados. Al respecto, el alcalde de Ponteceso reconoció que durante la celebración del último pleno le preguntaron si el Concello disponÃa de algún tipo de ayudas económicas para el pósito cormelán. «Dixémoslle que non habÃa ningunha, como tampouco as hai para o colectivo de carniceiros, de fontaneiros ou de comerciantes, pero ao mellor si se pode facer algo. De todas formas, para que haxa algunha axuda teñen que pedila e xustificala e, de momento, non hai ningunha petición».
El alcalde de Ponteceso recordó en Radio Voz que el próximo 20 de diciembre se cumplirá el centenario de la primera interpretación, en La Habana, del himno gallego, escrito por Eduardo Pondal. Por esa razón, el Concello prepara varios actos de homenaje al poeta y confÃa en que la sede de la Fundación Eduardo Pondal, que se ubicará en la rectoral de Cospindo, ya esté lista para esa fecha. «A fundación xa está creada, pero non se constituÃu aÃnda porque esperamos a ter habilitada a sede, que se está a facer co obradoiro de emprego e cunha contrata que financia o Concello e a Deputación de A Coruña. SerÃa estupendo que o dÃa 20 de decembro xa poidamos celebrar alà algún acto», dijo José Luis Fondo.
Durante su intervención, el alcalde volvió a solidarizarse con los vecinos de Tella y aseguró que sus reclamaciones «son moi sensatas». Recordó que el proyecto de reforma de la carretera incluÃa inicialmente «aceras con aparcamentos nos núcleos urbanos», pero «unha vez que houbo cambio de goberno na Xunta parece que se olvidou todo o previsto». Dijo también que durante la última vista de la Conselleira de PolÃtica Territorial, ésta se comprometió a «rebaixar o aglomerado da estrada e cando pensabamos que estaba todo solucionado, vimos que estaban facendo a senda peonil e que lle Ãan a botar asfalto de novo e aumentar a cota da estrada. Por iso nos sentimos enganados». Y asà se lo explicó la semana pasada al delegado provincial de la consellerÃa, a quien también le dijo que no cree que la propuesta de aumentar en cuatro centÃmetros la cota de la carretera se deba a motivos técnicos «senón económicos». Rebajar la carretera antes de asfaltar, según reclaman los vecinos, no costarÃa, según el alcalde, «máis de 60.000 euros e iso non serÃa moito para a ConsellerÃa».
Además, José Luis Fondo Aguiar indicó que el Concello de Ponteceso se ha ofrecido a construir las aceras y los aparcamientos, «pero nós non podemos declarar de utilidad pública unha carretera que é da Xunta». Por esa razón, le han pedido a PolÃtica Territorial que se encargue de las expropiaciones necesarias y será entonces cuando el Ayuntamiento financie «como mÃnimo o 50% das obras, ou incluso o cen por cento, en varias fases». También le solicitó al delegado provincial de PolÃtica Territorial «unha senda peatonal que una Corme coa Aldea de Corme, outra en Anllóns, outra na parroquia de Xornes, e as aceras para Corme».
El alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, reiteró ayer en Radio Voz que las obras de la galescola, ubicada en los terrenos del antiguo campo de fútbol, están prácticamente acabadas. «A escola xa está terminada, o martes que vén veñen os mobles para as distintas aulas e a urbanización exterior e o acceso esperamos que estean listos para a súa inauguración», dijo el regidor, quien indicó que la apertura oficial, según las previsiones de la Vicepresidencia da Igualdade, será el próximo 5 de noviembre.
En estos momentos, dijo, «só falta contratar ao personal, e esperamos que o fagan para a semana que vén, porque por parte do Concello de Ponteceso cumprimos con todo o que nos pediron desde a Xunta». Por ahora, explicó ya se han apuntado 24 niños, un número que, en su opinión, aumentará «cando os pais vexan o centro aberto».
Fondo Aguiar dijo también que aunque en principio se trataba de una guarderÃa -según el convenio firmado en el 2004- el cambio de denominación por el de galescola «non ten porque ser bo nin malo, a súa función será a mesma».
[Discapacitados visuais] Escoitar contido: