Presentación das xornadas do centenario do Himno Galego
As xornadas do centenario do Himno Galego, que terán lugar na Casa dos Veciños de O Couto en decembro, foron presentadas onte ás 12:30h. na Casa de Pondal.
Programa, do 18 ó 20 de decembro:
Abriránse as xornadas o martes 18 de decembro coa charla “Nós temos letra. Proposta didáctica para o profesorado ó redor do himno” de 18h. a 19:30h. Haberá un recital poético pondaliano de 19:45h. a 21h. a cargo de Miro Villar, Alexandre Nerium e, aÃnda por confirmar, Manuel Rivas.
O mércores 19, de 18h. a 19:30h. Xosé Neira Vilas disertará sobre “A estrea do Himnno galego en América no ano 1907″. De 19:45h. a 21h. a Coral Polifónica da Estrada interpretará o “Concerto coral do Himno galego. Letra de Xosé MarÃa Lema Suárez e música do seu director Javier Comesaña”.
Por último, o xoves 20, dÃa do centenario, de 18h. a 19:30h. será a charla “Unha visión do Himno galego desde o 2007″ a cargo de Manuel Ferreiro Fernández, o maior estudoso da obra de Pondal, para proceder logo co “Concerto do Himno galego” a cargo da Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso.
A exposición “Nazón de Breogán” da ConsellerÃa de Vicepresidencia e Benestar estará aberta durante os tres dÃas.
O programa non está aÃnda pechado, e pode que se engada algún novo acto. Se ben as xornadas son para profesores o público xeral pode tomar parte, sempre tendo en conta os lÃmites do aforo.
Celestino Pérez Recarei, director do Centro de Organización e Recursos da Coruña, explicou que has xornadas xirarán en torno ás figuras do autor da letra do Himno, Eduardo Pondal, ó compositor da música, Pascual Veiga e a Xosé Fontenla Leal coma un dos impulsores do Himno e impresor da primeira partitura. Coas xornadas, dirixidas a profesores, procúrase a formación duns cen mestres de Miño a Fisterra para que poidan levar ás aulas os coñecementos sobre o Himno. Os asistentes recibirán un certificado polas dez horas de formación.
José Luis Fondo Aguiar, alcalde de Ponteceso, sinalou o acto de homenaxe coma necesario e recalcou a súa importancia xa que servirá para dar a coñecer Ponteceso. Tamén dixo agardar que para a data do centenario esté rematada a Fundación Eduardo Pondal ubicada na reitoral de Cospindo e se poidan levar alà algúns dos actos.
Jaime Valdés, descendente de Pondal e actual propietario da casa, comentou sobre do perfeccionismo de Eduardo Pondal, lembrou a ausencia de connotacións polÃticas no himno asà coma a súa mentalidade aberta. Tamén destacou as obras de Cesáreo, irmán de Pondal, a prol de Ponteceso ó trae-lo Concello dende A Bugalleira, facer unha ponte, unha estrada, e fundar unha feira entre outras cousas.
Os actos tamén estiveron presentados por José MarÃa Varela, directivo da Asociación de Veciños do Couto e autor do programa.
Para inscribirse nas xornadas abonda enviar un fax ó Centro de Formación da Coruña ó 981 27 23 88. Información máis polo miúdo ha ser enviada próximamente ós colexios.


Publique a súa opinión: