Ponteceso na Rede

Comparte saúde, doa sangue

O mércores 31 de outubro, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia achegaráse ata Ponteceso. Quenes desexen doar sangue poderán facelo na Praza do Relleno de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas.

Unidade móbil de doazón de sangue en Ponteceso

O sangue non se pode fabricar
Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades.
Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo.

Doar sangue non debilita o noso organismo
15 minutos do teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas.
Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas.
Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso.

Na doazón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue.
Doar sangue é voluntario e altruísta.
Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe.
Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguíneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: