Ponteceso na Rede

O Concello merca un vehículo contra incendios

O BOP publicou o primeiro deste mes un anuncio segundo o cal o Concello de Ponteceso mercou o 13 de agosto un vehículo contra incendios e salvamento de primeira intervención ou bomba urbana á empresa de Oleiros Veicar S.L. por 119.500€ segundo o concurso aberto publicado no BOP 116 do 22-05-2007 onde se expoñía que o vehículo debe estar dispoñible un mes despois da formalización do contrato.

Estes son os vehículos de primeira saída expostos no sitio web da empresa gañadora do concurso:

Vehículo primeira saída - Iveco

Vehículo primeira saída - MB

Vehículo primeira saída - Scania

En español: El BOP publicó el primero de este mes un anuncio según el cual el Concello de Ponteceso compró el 13 de agosto un vehículo contra incendios y salvamento de primera intervención o bomba urbana a la empresa de Oleiros Veicar S.L. por 119.500€, según el concurso abierto publicado en el BOP 116 del 22-05-2007 donde se exponía que el vehículo debe estar disponible un mes después de la formalización del contrato.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. quito dixo o Xoves 4 ás 10:57h.:

    ¿E o que mercou o concello non será esos famosos camións forestais dos que falaba tanto a xunta na oleada de incendios do pasado ano? …

    Creo recordar que o concello de Ponteceso, unha vez cumpridos os requisitos, solicitara ser integrado nese cupo.

    Cando chegue a ponteceso, xa veremos de qué se trata e en qué mans cae e para qué se utiliza. (ahhh, e onde se garda).

  2. 500P dixo o Xoves 4 ás 11:17h.:

    Pois non sei cal será en concreto pero o anuncio explicitaba que se precisaba un camión de primeira intervención e os que saen na web da empresa Veicar como camións de primeira saída son esos tres das fotos que puxen na nova. Os vehículos forestais póñenos á parte: Catálogo dos camións.

  3. quito dixo o Xoves 4 ás 23:03h.:

    pois xa fai falta xente para manexar todo eso ….

  4. […] ben hai exactamente un mes anunciabamos a adquisición por parte do Concello dun camión contra incendios e salvamento de primeira […]

Publique a súa opinión: