Ponteceso na Rede

Dúas saídas de vía na pasada fin de semana

Na madrugada do sábado ó domingo producíronse dúas saídas de vía:

A primeira, pouco máis tarde das cero horas, tivo lugar na saída de Corme sen provocar danos persoais nin materiais.

A segunda foi en Anllóns, sobre as seis e media da mañán, cando un vehículo se saiu da estrada derrubando un valado e empotrándose no tellado dunha casa. Se ben non houbo que lamentar danos persoais, os danos materiais sí foron cuantiosos. Como causas do percance manéxanse unha distracción ou que o parabrisas se empañara ainda que o conductor, veciño de Pazos, superara a tasa máxima permitida de alcol.

Coche empotrado nun tellado en Anllóns
O Seat Ibiza estampado no tellado. FOTO: lavozdegalicia.es

Segundo unha das habitantes da casa, é frecuente o paso de vehículos por esa estrada secundaria que procuran eludir os controis da Garda Civil de Tráfico.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. 500P | Ponteceso » Ponteceso, Pontevedra dixo o Mércores 31 ás 17:40h.:

    […] á provincia de Pontevedra e ninguén se dignou a informar ós veciños. A nova xordiu a raiz da choiva de coches que se deu en Anllóns na mañán do domingo, que propiciou que numerosos medios se achegasen ata […]

Publique a súa opinión: