Éxito da XVII Feira das Fabas
A XVII Feira das Fabas organizada pola ConcellerÃa de Cultura do Concello de Ponteceso foi todo un éxito. Coincidindo ca fin da recolleita de fabas, achegáronse onte ata a carpa instalada no campo da feira da Trabe case dúas mil persoas. O cuberto para a fabada valÃa 5€ podendo repetir tanto fabada coma bebida as veces que cada quen quixese mentres soaba a música da banda de gaitas e máis dunha charanga.
A falta de cifras oficiáis, os datos da prensa de hoxe ofrecen informacións dispares sobre da macrofabada: estÃmase que se rozaron as 2.500 racións servidas; entre 200 e 400 kilos de fabas; entre 300 e 400 kilos de carne, con pata de porco e 100 kilos de chourizo que foron mesturados durante varias horas cunha gran culler, xunto con 50 kilos de cebola, 20 kilos de allos, pirixel, pimentón, etc., por Pablo Blanco, Josefa Amado e Manolo Ramil, cociñeiros xa nos dezaséis anos anteriores, nunha perola de aceiro descomunal. Tamén se beberon 500 litros de viño ós que se acompañaron 150 kilos de pan a cargo da PanaderÃa Forniños, que elaborou un molete xigante.
En canto ó concurso, con premios entregados polo alcalde Fondo aguiar, a cousa quedou asÃ:
- CategorÃa Faba do paÃs
- 1º premio: Carmen Amado Veiga
- 2º premio: Manuel MartÃnez Vázquez
- 3º premio: Pilar Eiroa Mosqueira
- CategorÃa Faba asturiana
- 1º premio: Manuel RodrÃguez GarcÃa
- 2º premio: Modesto Dourado Lema
- 3º premio: Maruja Cambón
- CategorÃa Faba de riñón
- 1º premio: MartÃn Taibo
- 2º premio: MarÃa Teresa Souto MartÃnez
- 3º premio: Secundino
A festa tivo un custo de entre 6.000 e 9.000 euros que se han amortizar coa venda dos cubertos de barro que se empregaron para a degustación.


Opinións
Noraboa un ano máis pola celebración da festa da fabas. Eu adoito ir tódolos anos, e teño que dicir que sempre me gustou comer na feira a fabada, un prato que non é que sexa dos meus favoritos. Parabéns para os cociñeiros que ano tras ano acertan na preparación do prato e parabéns para o panadeiro, teño que dicir que o pan está boÃsimo mollado na salsa da fabada.
O que non me parece tan axeitado é que ano tras ano estea chea a mesa do caciquismo larpeiro, onde moitos dos seus membros só aparecen polo pobo para xantar de balde. Ocorre durante os percebes en Corme e a fabada en Ponteceso. Dende logo os seis mil euros que se publica que custa a festa das fabas non van ser amortizados por todo o comensal que estivo acompañando ó señor alcalde, esposa, familia e amigolos de partido. Ata tiñan a unha persoa que lles servÃa as fabas na mesa. É que non poden ser máis humildes para levantarse e poñerse na cola coma o resto dos mortais. Ó mellor perden o don, bueno, penso que esto nunca o tiveron. Máis humildade, que todos somos veciños.
Querida Crisma, siempre te hubo clases, y no es por no levantarnos, es por no hacer mas cola mujer, y lo de aparecer por la Puente y por Corme ya te apareceremos dentro de cuatro años, que si lo hacemos de cotio te nos aburres.
Xa que falamos de larpeiradas, falemos de todas. A min gustame ser do Coto de Almerezo (PSOE´S asociation) para papar cada semana a conta de subvencións escandalosas que lles concede a a deputación. Se falamos das comelladas a conta de diñeiro público falemos de todas. Non vaia ser que caciques só sexan os do PP e os telegrafistas (cargo que concedÃa Franco ós sumun fachas) agora sexan defensores da liberdade. Es que yo no me llamo Sr Mascota. Ese es el problema. Cachis….
Publique a súa opinión: