Ponteceso, Pontevedra
Vai resultar que Ponteceso pertence á provincia de Pontevedra e ninguén se dignou a informar ós veciños. A nova xordiu a raiz da choiva de coches que se deu en Anllóns na mañán do domingo, que propiciou que numerosos medios se achegasen ata Ponteceso para dar testemuña do acontecido, entre eles Antena 3 que publica na súa páxina de noticias o seguinte:
Atribúen a fonte a axencias de noticias sen especificar cal en concreto, dando a entender que copiaron e pegaron directamente do teletipo sen sequera mirar na Wikipedia onde estaba realmente ubicado Ponteceso. Claro que tampouco dan crédito da autorÃa das fotos, unha das cales non carga e o vÃdeo tampouco, cando en diversos medios se atribúen ó fillo da propietaria e máis ó seu teléfono móbil. Se tódalas novas que dan están tan ben contrastadas e elaboradas coma esta…
Hai que tomalo a risa, claro, a ver agora cántos turistas se nos perden por Pontevedra adiante a buscar pola Vila de Pondal!



Publique a súa opinión: