Propostas do PSOE para o POS
Sábado 27 de Outubro de 2007 ás 10:00
José Mato Pet, portavoz do PSOE de Ponteceso, vai presentar unha proposta para que se inclúan varios proxectos no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación: creación dun área recreativa na curva de Chenlo, Niñóns; a Casa dos Veciños de Brántuas; un campo de fútbol en Xornes; un valado no Campo dos Seixos de Tella; unha cuberta no polideportivo de Corme Aldea; a mellora do Campo da Festa da Graña e mai-la pista de acceso ó mesmo; a dotación de auga e electricidade ó cemiterio de Pazos.


Publique a súa opinión: