O plan de saneamentos para Corme inclúe a recollida dos resÃduos que a dÃa de hoxe se están a verquer na Arnela, a modificación dos colectores da Praza da Ribeira, un novo sistema de bombeo dende o porto ata a depuradora e máis a separación do Rego do Cairo do resto da rede.
Tra-la cesión dos terreos, a Asociación Cultural Nosa Señora do Faro de Brántuas construirá unha Casa dos Veciños orzamentada en 127.032 euros dos que Agader sufragará 67.072,90 euros.
Museo de Arte Contemporánea en Corme
A Fundación Torre-Pujales vai recibir 80.000 euros para o acondicionamento do futuro Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte na rúa Real de Corme, ainda que precisarán dun investimento total de 300.000 euros polo que seguen na procura doutras vÃas de financiación. Lembramos que o Concello tivo que lles prorroga-la licencia de obras por seis meses máis debido á falta de fondos da Fundación e os retrasos nas obras que eso acarrea.
A Fundación para o Desenvolvemento de Bergantiños proxecta a rota “Val Nativo”, con saÃda e chegada na casa de Eduardo Pondal que pasará pola Agra do Couto, pola futura sede da Fundación Pondal, subindo polo Monte Branco e para baixar polo malecón antes de chegar ó punto de saÃda. O percorrido ronda os tres kilómetros e seguirá unha senda de fitos marcada con mehires. Agader aporta 21.866 euros dos 33.640 que custa o total do proxecto.
Hoxe remata o prazo de inscricións nas Xornadas do Centenario do Himno Galego que se han celebrar na Casa dos Veciños do Couto do 18 ó 20 de decembro e que tiveron unha grande acollida desbordando tódalas espectativas.
A Asociación de Amas de Casa de Ponteceso vai celebrar unha cea-baile o vindeiro sábado 8 de decembro no restaurante A Lagoa de Vimianzo. Os interesados en participar han pasarse pola tenda Biquiños antes do dÃa 4 ou ben o xoves polo local da Asociación.
Hoxe ponse fin ó Ciclo de Cine Social organizado pola AVV Eduardo Pondal de Corme coa proxección do filme “Só te teño a ti” a partires das dez da noite na Casa do Mar, con entrada de balde.
Neste número só lle adican unha páxina á información de Ponteceso polo que pasan de puntiñas polo ocorrido no pleno ordinario do luns, as axudas da Deputación para a ConfrarÃa de Corme, os cursos de internet do Concello e, a xeito de guÃa de ocio, un pequeno artigo no que repasan varias citas co lecer cas que desfrutar nesta semana.
Segundo unha resolución da AlcaldÃa que saiu publicada no BOP de onte, 28 de novembro, incóase o trámite de baixa de oficio no padrón de habitantes de Ponteceso dos cidadáns Ramón Ures Varela, de Pazos, e de Claudina Oviedo RodrÃguez, de Corme Porto, por non residiren no concello a maior parte do ano. Os interesados dispoñen de quince dÃas a contar dende onte para presentar alegacións.
De cumprÃrense as previsións, o sinal perigoso chantado en plena saÃda da curva que da acceso á rúa Aduana para avisar do corte da estrada a altura da Bouza, obstruÃndo medio carril e obrigando a invadi-lo contrario facendo unha manobra perigosa, perdurará no mesmo sitio unha semana máis.
Poñe-lo cartelón nas proximidades deste outro de aquà abaixo, nun sitio no que hai espazo para da-la volta, aÃnda non se lle ocorreu a ningún dos responsables de te-lo posto ahÃ… ou de non te-lo quitado. Disporán dunha semana máis para te-la ocorrencia:
O problema para a seguridade vial que supón o sinal só foi denunciado aquÃ. Ningún dos medios que se achegou para tirar fotos das obras ou asistir a plenos se dignou a adicarlle unha soa liña.
Lamentamos que o PSOE local non nos teña en conta para nos remitir información nin comunicado algún polo que só podemos por os extractos que do debandito comunicado publicou a prensa no dÃa de hoxe:
En democracia ten que existir diálogo e ter en conta á oposición.
O alcalde non se aclara porque di que antes o PSOE non presentaba mocións e agora que as presenta non as contesta. Antes dicÃa que as preguntas tiñan que ser por escrito, agora son por escrito e tampouco as contesta. Ao alcalde non lle interesa que se saiba nada do Concello, nin que os veciños asistan aos plenos, por iso os puxo ás 9 da mañán.
Abandoamos o pleno porque entendemos que se non se contestan as nosas preguntas non estamos nunha democracia, estamos nunha dictadura.
A pesares de non estar presente na visita de onte do delegado de Industria ó polÃgono da Mezquita o alcalde expresou o seu apoio ó empresarios e asegurou que o Concello se encargará do proxecto do local social e indicou que xa a semana pasada se firmara un contrato coa empresa Naos para tal fin.
Éstes son os resultados da terceira xornada da Liga Municipal de Fútbol Sala que organiza o Concello e se desputa cada sábado:
SAN XULIÃN 2-4 AUTOS POMBO
TINTÃN 1-8 SÚPER RAMA
PLAYA DE NIÑÓNS 5-5 RÃFAGA O BARRIL
SERGESCO 1-5 GRUPO ELYTE
PUB BURRITA 0-7 BAR PAULA
CONSTRUC. CORDOBÉS 6-1 BIPELO
DRINKING TEAM 2-9 AC MONTE BRANCO
FALDRA FOLK 6-3 CAFÉ-BAR ALDEOLA
Despois de tres partidos lidera a clasificación Bar Paula con 21 puntos por diante de AC Monte Branco con 20 puntos seguido de Grupo Elyte con 16 puntos.
¡NOVIDADE!
Agora pode ve-la portada de 500P.com dende o seu teléfono móbil entrando en wap.500p.com
e acceder á última información de Ponteceso dende calqueira sitio.
Para entrar con PC precisa un navegador que soporte WAP, como Opera.
Soporte técnico gratuito a cargo de Presencia en la red segundo a súa política de "axuda de balde" para entidades de Ponteceso sen ánimo de lucro.
Esta obra, agás contido propiedade de terceiros, está baixo unha licenza
Creative Commons que permite ser empregada respectando o crédito cara 500P.com.