“As últimas lúas” na AC RÃo Anllóns de Ponteceso
Co marco do XIV Ciclo de Teatro de Ponteceso que organiza o Concello, escenificaráse mañán sábado a partires das 22:30 horas na Asociación Cultural RÃo Anllóns a obra “As últimas lúas” da compañÃa Lagarta Lagarta fundada polos coñecidos actores Ernesto Chao e Rosa Ãlvarez.
Cunha duración estimada de cen minutos a obra está destinada preferentemente para público adulto.
Sinopse:
“As últimas lúas” é obra do autor italiano Furio Bordón e foi representada en teatros de toda Europa e América. Representa a historia dun profesor de literatura, xa xubilado, que abandoa a casa na que vive coa familia para trasladarse a unha residencia de anciáns. O vello coida que fillos e netos han tentar que cambie de idea pero, para a súa sorpresa, todos toman a idea con inusitada ledicia.
Obra: Le ultime lune, de Furio Bordón
CompañÃa: Lagarta Lagarta
Traducción e adaptación: Cándido Pazó
Dirección: Xulio Lago
Elenco: Ernesto Chao, Rosa Ãlvarez e Artur Trillo


Opinións
Merce a pena vela é unha gran obra e representada por grandes actores e actrices. Non defrauda.
Publique a súa opinión: