Magosto en Corme
Dentro do progama de actividades culturais do Outono do Concello de Ponteceso, o Departamento de Cultura organiza unha xornada adicada ó Magosto en Corme, o vindeiro 9 de Novembro (Venres) ás 22.00h no pavillón municipal de Corme.
Â
XOGOS POPULARES:
Na cultura galega estanse recuperando infinidade de xogos tradicionais que o paso do tempo, o abandono do rural polas cidades e as os vertiginosos avances tecnolóxicos foron desprazando ata o esquecemento.
Â
Para abrir o apetito polas castañas antes do gran banquete realizarase unha sesión de xogos tradicionais onde os máis maiores lembrarán os xogos da súa infancia e os pequenos aprenderán outras formas de diversión máis activas que as que imperan hoxe en dÃa.
Â
FESTA RACHADA:
Despois dos xogos, unha vez entrado en calor, un grupo tradicional de gaitas e percusión tirarán de repertorio de música galega tanto instrumental como cantada para animar ás e ós asistentes a botar uns bailes.
Â
CASTAÑAS E CHOCOLATE PARA TODOS:
Mentres a xente se entrega con paixón ó baile farase unha fogueira para en canto haxa unhas boas brasas poñer a asar as castañas.
Unha vez as castañas estean listas repartiranse entre as e os asistentes e en compañÃa da música tentaremos acabalas todas con máis bailes, xogos e festa rachada. Tamén haberá chocolate quente.


Publique a súa opinión: