Ponteceso na Rede

Imaxes: o novo camión de bombeiros xa está en Ponteceso

Hai exactamente un mes e medio dabamos conta da adquisición por parte do Concello dun camión contra incendios e salvamento de primeira intervención. Hoxe topámonos conque o mesmo leva en Ponteceso cousa dunha semana. Descoñecemos quén se encargará de empregalo (¿Protección Civil? ¿Contratación de persoal especializado?) e en qué cocheira se aparcará. Polo momento está situado nas inmediacións da rúa Aduana fronte á centraliña de Telefónica, onde adoitan estaciona-lo camión do Concello, así que aproveitamos para tirarlle unhas cantas fotos.

Prema nas imaxes para acceder ás fotografías con maior resolución:

Prema para ampliar

Prema para ampliar

Prema para ampliar

Prema para ampliar

Prema para ampliar

Prema para ampliar

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. Lolo dixo o Luns 19 ás 17:25h.:

    Que fan aparcados os camións do concello diante da casa de Ramón Tacón? Penso que o concello ten que dispor dun lugar habilitado para o seu parque móvil en lugar de estar preto da casa dun dos traballadores do concello. Ou non será porque xa lle teñen buscado o conductor tamén ó camión de bombeiros como ocorre co outro? Non quero ser mal pensado pero…

Publique a súa opinión: