Ponteceso na Rede

Aberta ó tráfico a estrada Ponteceso-Malpica

Esta tarde-noite remataron os traballos nas dúas pontes da estrada Ponteceso-Malpica antes do anunciado. Se ben se dicía que a ponte que queda á altura da Bouza ía estar lista para o domingo e a do Pinguel non o estaría ata a vindeira semana, finalmente non foi así co que a estrada quedou xa plenamente aberta ó tráfico. Ubicáronse uns bidóns para que os coches non abeiren demasiado e así evitar que se estropee o traballo realizado. Como é obvio, compre circular con precaución neses puntos. Asemade foi retirado o panel informativo que, nun alarde de incompetencia sen par, se ubicou durante case dúas semanas na saída da curva que da acceso á rúa Aduana sobre a mesma vía e que por sorte só provocou uns cantos freazos e outros tantos volantazos.

Prema para ampliar

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: