Aprobada a construcción da EDAR de Corme
O Consello da Xunta aprobou onte a construcción da depuradora de Corme que se ubicará na Canteira, con capacidade para abastecer a 3.000 habitantes e cun orzamento de 1.606.208 euros aportados pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos. O prazo de execución e explotación a cargo da empresa adxudicataria é de doce meses, con outros dous meses máis para a redacción definitiva do proxecto, que en breve sairá a concurso. O mencionado proxecto está encadrado no Plan de Saneamento da ConsellerÃa de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible desenrolado para cumpri-la normativa europea que esixe estacións de tratamento de augas residuais en núcleos de máis de 2.000 habitantes.
O plan de saneamentos para Corme inclúe a recollida dos resÃduos que a dÃa de hoxe se están a verquer na Arnela, a modificación dos colectores da Praza da Ribeira, un novo sistema de bombeo dende o porto ata a depuradora e máis a separación do Rego do Cairo do resto da rede.


Publique a súa opinión: