Ponteceso na Rede

As axudas do plan Agader

Éste é o destino no concello de Ponteceso das subvencións para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia que a Consellería de Medio Rural vén de convocar ó través do Plan Agader:

Casa dos Veciños en Brántuas

Tra-la cesión dos terreos, a Asociación Cultural Nosa Señora do Faro de Brántuas construirá unha Casa dos Veciños orzamentada en 127.032 euros dos que Agader sufragará 67.072,90 euros.

Museo de Arte Contemporánea en Corme

A Fundación Torre-Pujales vai recibir 80.000 euros para o acondicionamento do futuro Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte na rúa Real de Corme, ainda que precisarán dun investimento total de 300.000 euros polo que seguen na procura doutras vías de financiación. Lembramos que o Concello tivo que lles prorroga-la licencia de obras por seis meses máis debido á falta de fondos da Fundación e os retrasos nas obras que eso acarrea.

Universidade Rural Eliseo do Mato no Couto

A Asociación Cultural Monte Branco do Couto recivirá de Agader 50.958,62 euros dos 94.895 euros orzamentados para a contrucción da Universidade Rural Eliseo do Mato que estará ubicada na primeira pranta da Casa dos Veciños e que ha contar con pizarra dixital, cañón, ordenadores e demáis adiantos tecnolóxicos. Tamén se vai crear un parque infantil así como a transformación do bar nun salón de actos para a presentación de libros e diversas actividades culturais.

Rota “Val Nativo” sobre Pondal

A Fundación para o Desenvolvemento de Bergantiños proxecta a rota “Val Nativo”, con saída e chegada na casa de Eduardo Pondal que pasará pola Agra do Couto, pola futura sede da Fundación Pondal, subindo polo Monte Branco e para baixar polo malecón antes de chegar ó punto de saída. O percorrido ronda os tres kilómetros e seguirá unha senda de fitos marcada con mehires. Agader aporta 21.866 euros dos 33.640 que custa o total do proxecto.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: