Ponteceso na Rede

O Corme CF debe decidir se cede o seu campo ó Concello

A xunta directiva do Corme C.F. ven de prantexarlle ó concelleiro de Cultura Turismo e Deportes, Nuñel Costa, que lle solicite á Deputación Provincial a instalación de céspede sintético no Cairo acolléndose ó programa provincial de axudas para a implantación de campos de fútbol de herba artificial. Para elo é requisito imprescindible que o Corme C.F. lle ceda o campo ó Concello polo que convocaron ós máis de trescentos socios da entidade a unha xuntanza o vindeiro 6 de decembro para que decidan sobre da iniciativa da xunta.

Se aceptan a cesión, a empresa Naos sería a encargada da redacción do proxecto. Técnicos da mesma estiveron onte no Cairo e aseguraron que se ía desprazar o terreo de xogo un metro cara os banquiños, alonxándoo das bancadas e conservando as mesmas medidas.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Opinións

  1. Quito dixo o Venres 30 ás 12:05h.:

    creo que o Nuñel Costa, nesta lexislatura, non ten o cargo de concelleiro de cultura, como expresas no comentario, pois agora é o concelleiro de deportes e turismo.

  2. 500P dixo o Venres 30 ás 12:11h.:

    Gracias polo apuntamento, Quito, tes toda a razón do mundo. A nova xa foi corrixida.

Publique a súa opinión: