Ponteceso no móbil
Vimos de estrear unha nova funcionalidade WAP mediante a cal poderás acceder á portada coas últimas vinte entradas de 500P.com dende calquera sitio e a calquera hora empregando o teu teléfono móbil. Tan só debes entrar en
O móbil non ten por qué ser de última xeneración, abonda con que teña soporte WAP. Se tes dúbidas achégate ó establecemento onde o mercaches e pregunta, ainda que hoxe en dÃa e prácticamente imposible atopar un sen WAP.
Se ben se poden ver normalmente as entradas e opinións, a versión WAP non permite interactividade nin contén imaxes ou vÃdeos. O motivo é que se poida acceder á información dende tódolos móbiles ainda que non sexan modelos recentes.
O acceso é gratuito pero se cadra a operadora que che da o servizo de telefonÃa si que che cobre. Algunhas compañÃas ofrecen tarifa plana para navegar e só cobran a descarga de xogos e politonos; outras cobran 50 céntimos a primeira conexión e o resto do dÃa é de balde… mesmo hai algunha que cobra segundo a cantidade de información que descargues ó móbil. Se non coñeces as tarifas, chámaos e pregunta: teñen a obriga de informarte.
Para acceder dende un PC é preciso empregar algún navegador que soporte WAP, como Opera, ou usar un emulador.


Publique a súa opinión: