Ponteceso na Rede

Unha das pontes da estrada a Malpica debería estar lista para o domingo

Polo que publica hoxe a Voz de Galicia citando como fonte a Fondo Aguiar, as obras na travesía da saída de Ponteceso cara Malpica tardarán varios meses en seren rematadas pero estáse a tentar que cando menos unha das pontes quede lista para o derbi Ponteceso-Corme do vindeiro domingo e que os coches poidan achegarse ata o campo do Pinguel. A segunda ponte prevése que se abra ó tráfico no transcurso da vindeira semana.

A voltas co sinal perigoso da Aduana

De cumprírense as previsións, o sinal perigoso chantado en plena saída da curva que da acceso á rúa Aduana para avisar do corte da estrada a altura da Bouza, obstruíndo medio carril e obrigando a invadi-lo contrario facendo unha manobra perigosa, perdurará no mesmo sitio unha semana máis.

O mencionado cartel pasou todo o domingo sobre a beirarrúa despois de que na madrugada algún conductor aproveitase a nocturnidade para sacalo do medio da estrada. O luns a primeira hora reubicárono de novo pero aínda máis cara o centro do carril. Na tarde do martes, ás 18:25 horas, un coche da Garda Civil de Tráfico estivo a punto de bater con el: tras deixar recua-lo vehículo coas luces acesas quedáronse mirando cara o sinal un anaco ata que decidiron continua-la marcha e deixar queda-lo cartel como estaba. Vése que ía frío abondo desa hora. Policía Local e Garda Civil tamén teñen que esquiva-lo obstáculo a diario.

Poñe-lo cartelón nas proximidades deste outro de aquí abaixo, nun sitio no que hai espazo para da-la volta, aínda non se lle ocorreu a ningún dos responsables de te-lo posto ahí… ou de non te-lo quitado. Disporán dunha semana máis para te-la ocorrencia:

Prema para ampliar

O problema para a seguridade vial que supón o sinal só foi denunciado aquí. Ningún dos medios que se achegou para tirar fotos das obras ou asistir a plenos se dignou a adicarlle unha soa liña.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: