Comunicado do PSOE sobre o abandono do pleno
O PSOE de Ponteceso ven de difundir un comunicado para xustifica-lo abandono do pleno o pasado luns despois de que o grupo de goberno aprazase as preguntas e mocións dos socialistas para un vindeiro pleno excudándose en que non as tiveran presentado a tempo. No comunicado acusan ó alcalde de tentar silenciar á oposición e de “poñerlle soldo a seis concelleiros se logo é el quen quere controlar todo.
Lamentamos que o PSOE local non nos teña en conta para nos remitir información nin comunicado algún polo que só podemos por os extractos que do debandito comunicado publicou a prensa no dÃa de hoxe:
En democracia ten que existir diálogo e ter en conta á oposición.
As mocións deberÃan terse debatido e aprobado para poñerse canto antes a traballar para non seguir co retraso que levamos desde que vostede é alcalde.
O alcalde non se aclara porque di que antes o PSOE non presentaba mocións e agora que as presenta non as contesta. Antes dicÃa que as preguntas tiñan que ser por escrito, agora son por escrito e tampouco as contesta. Ao alcalde non lle interesa que se saiba nada do Concello, nin que os veciños asistan aos plenos, por iso os puxo ás 9 da mañán.
Abandoamos o pleno porque entendemos que se non se contestan as nosas preguntas non estamos nunha democracia, estamos nunha dictadura.


Publique a súa opinión: