Obras de canalización na Mezquita
Sábado 24 de Novembro de 2007 ás 10:03
Fondo Aguiar, alcalde de Ponteceso, reuniuse onte na Coruña cos delegados provinciais das ConsellerÃas de Innovación e Industria para asina-los convenios precisos para levar a cabo a canalización do parque empresarial da Mezquita cun orzamento de 65.000 euros.
[Actualización]
José Luis Barcia Picos, delegado de Industria, visitará o parque empresarial a principios da vindeira semana. A xunta de propietarios aproveitará para pedirlle, entre outras cousas, axuda para renova-la canalización eléctrica e a construcción dun local social.


Publique a súa opinión: