Onte, dÃa de visitas en Ponteceso
Sobre a visita de Pablo Vvillamar, vicepresidente da Deputación da Coruña
O vicepresidente da Deputación achegouse na tarde de onte ata Corme e reuniuse cos dirixentes da ConfrarÃa para facer entrega de 38.000 e 5.000 euros para a posta en marcha da venda de percebe por internet. O patrón maior indicou que estudiarán xunto ca Universidade da Coruña e coa empresa Abertal de Carballo para comercializa-lo percebe na rede, despois de teren rexistrada a marca Percebe do Roncudo e estaren traballando nun proxecto de etiquetado e deseño dun logotipo. A Deputación tamén fixo entrega de outros 17.000 euros complementarios para tentar salva-lo pósito da quebra económica despois de quedaren cun só vixiante e teren que face-los propios mariscadores turnos de vixiancia.
Logo Villamar achegouse ó Couto para ve-las obras da que será a Futura sede da Fundación Eduardo Pondal na remozada casa rectoral e anunciou que estará listo en febreiro tras un investimento de 300.000 euros dos que 240.000 corresponden ó Plan de Dinamización TurÃstica e o resto ó Concello.
Sobre a visita de José Luis Barcia, delegado de Industria
Tamén na tarde de onte o delegado de Industria, xunto con representantes de Xestur, achegáronse ata o polÃgono industrial da Mezquita de Tella para unha xuntanza coa xunta de propietarios na que constatou a necesidade dunha ampliación do parque industrial, mellora-lo suministro eléctrico en varias parcelas da parte traseira do polÃgono, voltar a medir e dar nova división a dúas ou tres parcelas que ainda están por vender e nas que a superficie real non coincide coa do proxecto, asà como a construcción dun local social na parcela propiedade da entidade. O delegado amosouse receptivo ás demandas e comprometeurse a estudia-la posibilidade de subvenciona-las obras precisas a cargo do orzamento da consellerÃa do vindeiro ano.


Publique a súa opinión: