Arquivo de Decembro, 2007
500P
Xoves 27 de Decembro de 2007 ás 12:22
O Concello escomeza as proxeccións de pelÃculas familiares neste Nadal en Corme. Será hoxe, dÃa 27, con “Papá canguro 2 ” ás sete e media da tarde no pavillón municipal. Mañán será o turno de Ponteceso, na Asociación Cultural RÃo Anllóns, onde os cativos poderán desfrutar dos debuxos animados de “Ratatouille ” a partires das sete da tarde.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Xoves 27 de Decembro de 2007 ás 12:20
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará esta tarde de catro a nove na praza do Relleno de Ponteceso para atender a todos aqueles que se queiran achegar un minuto a doar sangue.
PrecÃsanse 500 doazóns diarias:
O avance da medicina soluciona moitas enfermidades, mellora a calidade de vida dos enfermos e aumenta a nosa esperanza de vida. Cada dÃa os hospitais galegos atenden unha media de 2.900 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos ou tecidos. Isto é posible grazas a que, cada ano, miles de persoas amosan a súa solidariedade doando un pouco do seu sangue.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Xoves 27 de Decembro de 2007 ás 12:17
O Concello de Ponteceso porá en marcha no próximo mes de xaneiro un sistema web que permitirá aos usuarios de Ponteceso.net inscribirse en actividades culturais e deportivas que organice o Concello de Ponteceso no que denominan Plataforma “PAD”. Este software, baseado na plataforma de e-learning Claroline, tamén permitirá facer un seguimiento por medio da Rede de diversos cursos que se realicen por parte da entidade municipal.
Para saber máis da ferramenta que se empregará clique sobre a imaxe:
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Luns 24 de Decembro de 2007 ás 11:56
Dende 500P.com desexámoslles a tódolos veciños que desfruten dunha boa cea de Noiteboa e dun feliz Nadal na compaña da familia e seres queridos, permitÃndonos pregarlle que teñan tino coas encherolas… tanto alcólicas coma de comida a esgalla. ¡Feliz fartura!
[Foto orixinal: TIO baixo licenza Creative Commons]
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Luns 24 de Decembro de 2007 ás 11:48
Carta ó director publicada no xornal A Voz de Galicia no dÃa de hoxe:
O pasado 20 de decembro tivo lugar no concello de Ponteceso o centenario do himno galego. Rapaces dos colexios máis próximos reunÃronse na praza do Recheo para render tributo ao noso bardo coa lectura de diversos poemas, entre outras cousas. Todo parecÃa ir medianamente ben. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, acercouse ata o lugar co propósito de participar na celebración. Un acto conmovedor, xa non só para os pontecesáns, senón para todos os galegos en xeral. Susana Seivane, gaiteira galega máis que coñecida por todos, fora convidada. Pois ben, todos esperabamos a súa célebre actuación e vaia sorpresa nos levamos. A artista “cantou” (por dicilo dalgunha maneira) o himno galego. Non se viu nin escoitou unha gaita por ningures e para máis cargouse as dúas últimas estrofas . ¡Qué vergoñento! Dese xeito bastabamos todos os pontecesáns para cantar e seguro que o fariamos con moito máis énfase e sentimento. Ese dÃa, abriuse unha chaga na miña alma galega.
Cristina S. RodrÃguez . PONTECESO
Vemos que é unha opinión bastante espallada entre os veciños, xa o usuario susodebasilio viña a dicir pouco máis ou menos o mesmo neste portal . Pode olla-la polémica interpretación que do Himno fixo Susana Seivane na celebración do centenario no vÃdeo que gravamos e temos publicado con só premer aquà .
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Luns 24 de Decembro de 2007 ás 11:28
[Liga da Costa - 2ª aut. grupo II]
O Ponteceso vence ó Buño no Pinguel: 2-0
Diante duns oitenta siareiros, o Ponteceso derrotou na casa ó Buño co lastre de ter que xogar prácticamente unha hora con dez xogadores despois de que o defensa Carlos Mato fora expulsado por ir protestarlle ó árbitro. O Ponteceso foi quen de sobreporse e, no minuto dez da segunda metade, Rubén tiraba unha maxistral falta colocando o balón polo primeiro pau e facendo o un a cero. SerÃa outra acción a balón parado, a falta de dez minutos para a fin do encontro, a que porÃa o dous a cero definitivo no marcador ó rematar Pablo de cabeza. Anécdota : A cinco minutos para remata-lo partido lesionábase o dianteiro local Miguel Torrado pero, como xa se tiñan realizado os catro trocos permitidos para xogadores de campo, tivo que ser substituido polo gardamallas suplente Pombo, quen xogarÃa coma dianteiro do Ponteceso ata a conclusión do encontro.
Todo segue igual na cabeza da clasificación xa que o Cee tamén logrou vencer en Camariñas. Asà pois, o Ponteceso segue no segundo posto con 35 puntos, a catro do lÃder e cunha abultada vantaxe de oito puntos sobre os que quedan por baixo.
O Corme logra un punto fronte un Castriz mermado: 1-1
O Corme non foi capaz de acada-la victoria en San Pedro fronte ó Castriz que se adiantaba no minuto trinta de partido despois de verse favorecido por un polémico penalti. Pouco antes do descanso Yago anotarÃa o gol do empate para o Corme. Recén escomezada a segunda parte o Castriz quedaba cun home menos por dobre amonestación a David Brenlla pero os cormeláns non souberon administra-la vantaxe numérica que tiveron durante medio encontro para adiantarse no marcador.
O Corme está agora oitavo, empatado a puntos co Muros que é séptimo, e un punto por riba de Camariñas e Baio, noveno e décimo respectivamente.
[Liga de veteranos - Grupo A]
O Ponteceso gañou na casa 4-2 ó San Román goleando ó lÃder, asà que é terceiro con 30 puntos, pero bastante lonxe da cabeza: o San Román ten 42 e o Zas, segundo, ten 39 puntos.
En canto ó Corme , acadou un empate a uns en Camariñas e está séptimo na táboa, un punto por riba do Club del Mar e cinco por baixo do Camariñas.
[Liga xuvenil - Grupo Norte]
O Ponteceso foi perder fóra por 3-0 fronte o Soneira, co que están quintos na táboa a seis puntos do Zas e catro por diante do Malpica.
Os rapaces do Corme acadaron unha abultadÃsima goleada por 8-3 na casa ante o Cerqueda. Na clasificación están antepenúltimos, pero a tan só un punto do Camariñas e cun colchón de oito puntos por diante do Coristanco.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Sábado 22 de Decembro de 2007 ás 11:06
O pleno de onte, celebrado de forma extraordinaria co gallo do orzamento municipal para 2008, despachouse en pouco menos de tres cuartos de hora, dende as nove da mañán, resultando na aprobación dos mesmos cos votos do grupo de goberno en solitario na maiorÃa dos apartados.
O contido dos presupostos detallabávamolo polo miúdo en 500P.com o pasado mércores e pode vélo premendo nesta ligazón .
Quen amosou unha oposición máis rotunda ós orzamentos foi Manuel Varela, do BNG:
Non podemos apoiar un orzamento cunhas adicacións exclusivas que non están a facer nada. Ademáis, o Concello pasa a ter unha débeda a longo prazo considerable, que ronda os 600.000 euros.
De feito, a débeda é duns 300.000 euros pero a longo prazo o Concello suma unha débeda de 622.000 euros con entidades bancarias. Ademáis Varela botou a faltar nos orzamentos proxectos coma a escola de música de Corme, centro de dÃa, polÃgono industrial ou polideportivo en Ponteceso.
Na réplica a Varela, o alcalde Fondo Aguiar asegurou que se ten firmado en datas recentes un convenio de colaboracións para a renovación de pluviais e o peche total do polÃgono. En canto ó centro de dÃa matizou que é unha obra que se fará aÃnda que non se reflicta no orzamento e para o que xa se teñen solicitado axudas tanto á Deputación coma á Xunta. Tamén puntualizou o alcalde que hai solicitado un novo obradoiro de emprego para os traballos na sede da escola de música de Corme. Sobre o déficit dixo Fondo que se tenta equilibrar o presuposto por canto o déficit orzamentario se ten baixado moitÃsimo nos últimos anos. Por último detallou o alcalde que dende o 26 do presente mes, e por espacio de dúas a tres semanas, vaise por en marcha un plan experimental de comedor sobre rodas no apartado de servicios sociais.
Mato Pet e outros concelleiros do PSOE matizaron o seu voto, tamén negativo:
As facturas pendentes de pago para nós tamén son pasivo. Vai moi pouco para inversións, só se limitan a cubrir gastos, ademáis de ser excesivo que cáseque o 50% se destine a salarios.
A esto o alcalde respostou sen miramentos:
Ponteceso ten poucos ingresos e recursos escasos, polo que lle volvo a pedir ao portavoz socialista que pague algún imposto no concello anque só sexa o do coche.
Finalmente, Pet tentaba defenderse da acusación:
Eso non é totalmente certo porque teño propiedades aquÃ. Se non pago o imposto de circulación en Ponteceso, sendo máis barato, é pola ineficiencia da administración local cando tentei facelo.
Trocos nas ordeanzas fiscais:
Modificouse a ordeanza reguladora da plusvalÃa (incremento do valor do solo urbán) aumentando o perÃodo que se ten en conta para determina-la tasa, se ben o tipo do gravame se mantén. Deste xeito os promotores inmobiliarios tamén terán a obriga de pagar. Foi rebaixada a bonificación para a transmisión de herdanzas entre familiares que estaba no 50% e queda no 95%. Sobre estes puntos tanto PSOE coma BNG abstivéronse.
Modificouse a ordenaza reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras que pasan de gravarse do 2,5% ó 3% para igualarse ó resto de concellos da volta. Dende agora tamén se ha cobrar pola expedición de licencias un 0,2% do seu valor. A oposición votou en contra e o BNG explicaba a súa negativa:
Aumentar as tasas non é o camiño axeitado para buscar máis ingresos.
Foi aprobado un recoñecemento extraxudicial de crédito de 54.000 euros por facturas atrasadas de electricidade e combustible, cifra que se ha sustraer de partidas do apartado de persoal con remanente debido a que non se cubriron as prazas previstas. O BNG votou a favor e o PSOE abstÃvose.
Aprobouse por unanimidade das forzas a solicitude de axuda á Deputación para a inclusión do Cairo de Corme no programa provincial de campos de fútbol con herba sintética.
Anécdota: Polo visto Suso Lista, do BNG, non puido acodir ó pleno seica por mor de aproveita-la marea para apañar percebes a esa hora da mañán. Lista é percebeiro de profesión.
Repetimos que para acceder con moito máis detalle ós orzamentos aprobados debe pasarse pola nosa anterior entrada clicando aquà .
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Sábado 22 de Decembro de 2007 ás 10:47
Foi vendido parte do Gordo de Nadal, número 6381, en Carballo. Revisade os bolsillos quenes mercastes loteria alà xa que se venderon na administración número 3 da vila 15 series que han dar ós afortunados 15.000€ por cada euro xogado. RepartÃronse en total 45 millóns de euros na zona.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Venres 21 de Decembro de 2007 ás 13:01
Esta tarde, a partires das 17:15 horas, celébrase no salón de actos da ConfrarÃa de Pescadores de Corme unha rolda de prensa na que han ser presentados oficialmente tanto o logotipo como a marca rexistrada “Percebe do Roncudo”, asà como os proxectos e obxectivos da debandita ConfrarÃa de cara ó futuro. Na mencionada rolda han intervir Jesús Lista Neira, como Patrón Maior, asà coma unha representación das percebeiras cormeláns.
Ésta é a imaxe escollida para representa-la marca:
[Actualización - Sábado 22]
Declaracións do Patrón Maior da ConfrarÃa, Suso Lista, na rolda de prensa:
O venres pasado tivemos unha xuntanza con representantes da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados de Pesca e con profesionais da Universidade da Coruña, aos que xa lle encargamos a elaboración dun proxecto de empresa. Trátase de que tanto os restaurantes como os consumidores teñan plena confianza en que se lle vai a ofertar un percebe de primeira calidade, que poderÃa estar no mercado no vindeiro verán. Elo implicarÃa ter que contratar un xestor para a lonxa que se encargará de vixiar por esa calidade porque o percebe de Corme ten que acabar chegando aos mellores mercados.
O obxectivo é desenrolar unha marca que garanta a calidade do producto e escomezar a comercializa-lo a partires do próximo verán mesmo ó través de novas canles de distribución como pode se-la venda por medio da Rede. Polo momento o sitio web Percebedoroncudo.com amosa varios vÃdeos con percebeiros coma protagonistas.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Venres 21 de Decembro de 2007 ás 12:55
Nemeño escomeza hoxe dous dÃas de festa na honra de Santo Tomé. A verbena desta noite será por conta das orquestras Nova Palma e Olympus , e mañán os amenizadores serán os membros da agrupación Samba . Ambolosdous dÃas oficiaráse misa solemne ás doce do serán na igrexa parroquial.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Venres 21 de Decembro de 2007 ás 12:53
Na tarde de onte púxose fin ás xornadas para o profesorado sobre do Himno galego que se estaban a celebrar na Casa dos Veciños do Couto. O catedrático Manuel Ferreiro, que segundo a AC Monte Branco é a persoa que máis sabe sobre Pondal, presentou unha nova edición do seu libro “De Breogán aos pinos” e ofreceu unha visión do himno galego dende o ano 2007. Tamén Xosé Barato, presentador de televisión, deu a súa interpretacion sobre da letra de Pondal. A xornada rematou coa interpretación do himno por conta da banda de música Eduardo Pondal de Ponteceso.
En dÃas anteriores houbo intervencións a cargo dun feixe de estudiosos e persoeiros, coma Neira Vilas que na compaña da súa dona Anisia Miranda que anuncióu a súa intención de publicar un libro sobre o himno.
As xornadas tamén nos deixaron algunhas pezas impagables, como unha habanera creada con letra de Xosé MarÃa Lema Suárez e letra de Xabier Comesaña que ten por tÃtulo “100 anos do himno galego”:
BaÃa da Habana
na beira do mar
ó ritmo das ondas
un galego soña
coa patria natal.
Cen anos hai, coa patria natal, cen anos xa.
“Tés, Patria, bandeira
azul e albar
Academia da fala
guardiá da palabra
¡só falta un cantar!”
Cen anos hai, só falta un cantar, cen anos xa.
“Un áulico canto
atruxo do clan
baril, rexo alento
xurdido do peito
da grei de Breogán”.
Grandiosa estrea
vinte de Nadal;
buligan as meigas,
coa música de Veiga
á oda de Pondal.
Na capital cubana,
Teatro Nacional,
resoan as notas,
nosa Galicia conta
cun himno inmortal.
Cen anos hai, cun himno inmortal, cen anos xa.
No Malecón da Habana
na beira doutro mar
quedaban as ondas
musitando a oda
cara a Galicia van.
Cen anos hai, e nós un cantar, cen anos xa.
Co de onte, remataban tres dÃas repretos de actividades didácticas e culturáis ó redor do Himno e a figura de Pondal ás que acodeu un bo feixe de público, mesmo xente non pertencente ó profesorado. Achegamo-los nosos parabéns á AC Monte Branco, ó Concello de Ponteceso e a todos aqueles intervintes e organizacións que souberon levar con éxito a organización e execución do sinfÃn de propostas culturais que en Ponteceso se desenrolaron nestes dÃas.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Venres 21 de Decembro de 2007 ás 12:44
Prosegue o ciclo de cine de humor en Corme. Esta noite proxéctase na Casa do Mar a partires das dez da noite o filme “Amanece que no es poco”, dirixido por José Luis Cuerda no ano 1988 e protagonizado por Antonio Resines, Cassen, Luis Ciges, Aurora Bautista, Enrique Sanfrancisco, José Sazatornil e Pastora Vega entre outros.
Sinopse : Teodoro é un xoven enxeñeiro español que traballa na universidade de Oklahoma e que decide regresar a España para desfrutar dun ano sabático. Ó chegar descobre que seu pai Jimmy matou á súa nai. Para compensalo mércalle unha moto con sidecar e, pai e fillo, adÃcanse a viaxar ata chegaren a un peculiar pobo no que cada ano se celebran eleccións para escoller, por votación popular, alcalde, cura, mestre, puta, marimacho e seis adúlteras.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Xoves 20 de Decembro de 2007 ás 13:42
O Himno galego interpretado na praza do Relleno de Ponteceso por Susana Seivane á voz e acompañada de boutzuki co gallo da conmemoración do centenario do propio Himno.
(Non ten JavaScript activado no seu navegador ou esta a empregar unha version antiga de Adobe Flash Player. Instale un Flash Player mais recente .)
[Discapacitados visuais] Escoitar contido:
500P
Xoves 20 de Decembro de 2007 ás 13:31
Durante esta mañán celebrouse o centenario do Himno galego en Ponteceso, cuna de Eduardo Pondal, nuns actos organizados polo Concello que vai uns intres que rematou. Escomenzou co recibimento dos rapaces das escolas de Ponteceso sobre das once da mañán no campo da feira da Trabe que, na compaña da banda de música Eduardo Pondal, baixaron ata a praza do Relleno.
Unha vez alà escomezou o recital poético pondaliano a cargo dos pequechos e con presentación por conta de Xurxo Souto. O recital viuse interrompido pola chegada do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que xunto co alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, e outros polÃticos e persoeiros da vila e a comunidade participaron na ofrenda floral ó bardo ó pé do monolito do paseo fluvial do Anllóns. Acto seguido, alcalde e vicepresidente deron sendos discursos para remata-lo evento coa interpretación do Himno na voz de Susana Seivane coa compaña dun boutzuki. No acto estivo presente Neira Vilas e a súa dona.
Curiosidades do acto de homenaxe
Chegada do vicepresidente : Os polÃticos andan con présa. Interromperon o recital dos rapaces coa chegada de Quintana para porlle nas mans o ramo, face-la ofrenda floral, saudar e subir ó palco a da-lo discurso… todo elo nun intre de non máis de cinco minutos de reloxo.
Pequechos alborotados : Era de agardar… tras interrompe-lo recital poético os rapaces non acougaban no palco durante os discursos de Fondo e Quintana co que Xurxo Souto tivo que reprendelos decote ante o sorriso do público asistente.
A soidade do palco : É ben curioso a soidade que deben sentir os encargados de pronunciar discursos e proclamas unha vez se atopan sós no palco. Mentres eles falan cara ó micrófono, milleiros de rapaces berran e bulen, e os adultos adÃcanse a falar co do lado ou prender un cigarro.
Falta de respecto da prensa gráfica : Chama ben a atención o comportamento dos cámaras xornalÃsticos, que non dubidan en porse diante da cámara dos demáis ou mesmo empurra-lo compañeiro para tirar un feixe de fotos das que mañán só se ha publicar unha. ParecÃa aquelo a chegada dun equipo de fútbol campión a un aeroporto. Tampouco teñen miramento á hora de se subir ó palco e cruzarse diante dos intervintes no evento, coma se fosen transparentes e mesmo na interpretación do himno, afeando sen reparo un fermoso acto.
Disparidade dos discursos, cada un no seu cometido : Mentres o vicepresidente Quintana adicou unha soflama patriótica a conta do Himno nunha locución enfática e experimentada, o alcalde Fondo salientaba con voz máis quebrada a presenza a redor de tódolos presentes de todo aquelo que Pondal reflexa no seu poema: os pinares, o Anllóns, o Monte Branco… Sen dúbida un discurso precioso e traballado.
Fin do acto : Coa mesma présa coa que chegou, Quintana liscou do evento na compaña do alcalde, oposición e demáis persoeiros en dirección á taberna. Esto é Galicia, por moita homenaxe que haxa cando chega a hora do vermú é obriga correr cara a cantina a fume de carozo.
[Discapacitados visuais] Escoitar contido: