Campionato de futbolÃn de Galiza Nova no Abeiro
Martes 18 de Decembro de 2007 ás 14:37
Galiza Nova vai celebrar o vindeiro venres, dÃa 21 de decembro, no bar Abeiro de Ponteceso a partires das dez da noite un campionato de futbolÃn con inscrición de balde, premios e troula.
O obxectivo, segundo as xuventudes do Bloque, é o de “ir quencendo motores” de cara ó partido da selección galega absoluta no seu terceiro encontro, desta vez fronte Camerún, e máis a estrea da feminina fronte Cataluña, que se han celebrar en Vigo no estadio de BalaÃdos na tarde do dÃa 27.
Os interesados en participar no campionato de futbolÃn pódense apuntar no propio bar.


Publique a súa opinión: