Ciclo de cine de humor en Corme
Venres 7 de Decembro de 2007 ás 12:16
Esta noite, ás dez, arrinca na Casa do Mar de Corme un novo ciclo de humor organizado pola AVV Eduardo Pondal para o mes de decembro. O primeiro filme será “Ser o no ser”, pelÃcula dirixida por Ernest Lubitch no ano 1942.
Sinopse: Segunda Guerra Mundial, Varsovia, durante a ocupación alemana. O profesor Siletsky, un espÃa ó servizo da Gestapo, está a piques de facer entrega dunha lista co nome dos colaboradores da resistencia. Joseph Tura, un actor polaco, tentará soluciona-la situación coa axuda dos actores da súa compañÃa facéndose pasar polo cruel coronel Erhardt e polo propio Siletsky para entrar no cuartel xeral das SS.


Publique a súa opinión: