Cine de humor en Corme esta noite
Prosegue o ciclo de cine de humor en Corme. Esta noite proxéctase na Casa do Mar a partires das dez da noite o filme “Amanece que no es poco”, dirixido por José Luis Cuerda no ano 1988 e protagonizado por Antonio Resines, Cassen, Luis Ciges, Aurora Bautista, Enrique Sanfrancisco, José Sazatornil e Pastora Vega entre outros.
Sinopse: Teodoro é un xoven enxeñeiro español que traballa na universidade de Oklahoma e que decide regresar a España para desfrutar dun ano sabático. Ó chegar descobre que seu pai Jimmy matou á súa nai. Para compensalo mércalle unha moto con sidecar e, pai e fillo, adÃcanse a viaxar ata chegaren a un peculiar pobo no que cada ano se celebran eleccións para escoller, por votación popular, alcalde, cura, mestre, puta, marimacho e seis adúlteras.


Publique a súa opinión: