Clausuradas as Xornadas para o profesorado no Couto
Na tarde de onte púxose fin ás xornadas para o profesorado sobre do Himno galego que se estaban a celebrar na Casa dos Veciños do Couto. O catedrático Manuel Ferreiro, que segundo a AC Monte Branco é a persoa que máis sabe sobre Pondal, presentou unha nova edición do seu libro “De Breogán aos pinos” e ofreceu unha visión do himno galego dende o ano 2007. Tamén Xosé Barato, presentador de televisión, deu a súa interpretacion sobre da letra de Pondal. A xornada rematou coa interpretación do himno por conta da banda de música Eduardo Pondal de Ponteceso.
En dÃas anteriores houbo intervencións a cargo dun feixe de estudiosos e persoeiros, coma Neira Vilas que na compaña da súa dona Anisia Miranda que anuncióu a súa intención de publicar un libro sobre o himno.
As xornadas tamén nos deixaron algunhas pezas impagables, como unha habanera creada con letra de Xosé MarÃa Lema Suárez e letra de Xabier Comesaña que ten por tÃtulo “100 anos do himno galego”:
BaÃa da Habana
na beira do mar
ó ritmo das ondas
un galego soña
coa patria natal.Cen anos hai, coa patria natal, cen anos xa.
“Tés, Patria, bandeira
azul e albar
Academia da fala
guardiá da palabra
¡só falta un cantar!”Cen anos hai, só falta un cantar, cen anos xa.
“Un áulico canto
atruxo do clan
baril, rexo alento
xurdido do peito
da grei de Breogán”.Grandiosa estrea
vinte de Nadal;
buligan as meigas,
coa música de Veiga
á oda de Pondal.Na capital cubana,
Teatro Nacional,
resoan as notas,
nosa Galicia conta
cun himno inmortal.Cen anos hai, cun himno inmortal, cen anos xa.
No Malecón da Habana
na beira doutro mar
quedaban as ondas
musitando a oda
cara a Galicia van.Cen anos hai, e nós un cantar, cen anos xa.
Co de onte, remataban tres dÃas repretos de actividades didácticas e culturáis ó redor do Himno e a figura de Pondal ás que acodeu un bo feixe de público, mesmo xente non pertencente ó profesorado. Achegamo-los nosos parabéns á AC Monte Branco, ó Concello de Ponteceso e a todos aqueles intervintes e organizacións que souberon levar con éxito a organización e execución do sinfÃn de propostas culturais que en Ponteceso se desenrolaron nestes dÃas.


Publique a súa opinión: