Ponteceso na Rede

Proseguen as xornadas de conmemoración do Himno no Couto

Ás 18 horas Xosé Neira Vilas dará unha conferencia co título “A estrea do Himno galego en América no ano 1907″

Ás 19:15 horas háse presentar o caderno de viaxes “A Costa da Morte” de Anxo Fariña. Logo será a presentación da banda deseñada “Cerditos de Guinea” por Gochi.

Remata a xornada co concerto coral do Himno galego a cargo da coral polifónica da Estrada e a estrea da habanera “100 anos do Himno galego” con letra de Xosé María Lema Suárez e música de Xabier Comesaña.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: