Ponteceso na Rede

“Quero ser grande!” na AC Río Anllóns

Quero ser grande!Continúa o XIV Ciclo de Teatro organizado polo Concello de Ponteceso con fondos da Deputación: hoxe sábado día 1 de decembro Talía Teatro escenificará “Quero ser grande!” a partires das dez e media da noite no local da Asociación Cultural Río Anllóns con entrada de balde.

Talía Teatro nace no ano 1988 no Concello de Cee como grupo de teatro afeccionado vinculado á asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee.

“Quero ser grande!” é unha peza dirixida por Artur Trillo e na que actuarán Marta Ríos, Rosi Barcala e María Ordóñez, unha obra coa na que durante case unha hora darán unha visión ácida e cómica da infancia, onde se pode constatar a distancia que separa os grandes dos pequenos.

Sinopse: Talía Teatro achégannos esta visión do mundo aceda e cómica sobre a infancia, onde se pode constatar a distancia que separa aos grandes dos pequenos: malos entendidos cos pais, as cousas que fan que teñamos gana de facérmonos grandes e outras que mais ben dan gana de quedar pequenos…. Elaborado a partir de seis sketchs, e co humor como elemento básico, trata de entreter e interesar a un público falto de espectáculos que falen da súa realidade. Unha reducida, pero significativa galería de personaxes fala dos seus temores, dos seus complexos, dos seus obxectivos futuros, das súas rebeldías familiares… creando un amplo espectro de situacións que teñen como eixo fundamental o eterno inconformismo adolescente.

Obra dirixida preferentemente a maiores de 12 anos.

[Prema aquí para descarga-lo programa do XIV Ciclo de Teatro]

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: