Fútbol: o Ponteceso renova ó corpo técnico
O Ponteceso CF vén de renovar por un ano a Javier Bardanca como adestrador, Esteban coma preparador fÃsico e Ãlex coma auxiliar do corpo técnico. Javier Bardanca foi fichado o pasado verán coa misión de acadar 47 puntos, dez máis que na pasada tempada.

Esteban, Mato, Bardanca, Pose e Ãlex [FOTO: J.A. - Dépor Sport]
José Manuel Mato, presidente:
É unha decisión unánime da directiva. Todos queriamos renovar a Javier, Esteban e Ãlex. Estamos moi contentos de que Javi aceptase seguir un ano máis con nós porque nos amosou que é unha persoa con gañas e cualidades para traballar.
O obxectivo é consolidarnos en Primeira Rexional, dependendo de en qué categorÃa xoguemos. Se ascendemos será manterse e, se seguimos en Segunda, haberá que loitar polo tÃtulo. Unha vez en primeira falariamos doutro ciclo de tres ou catro anos no que se buscarÃa outro salto.
Creación dun equipo filial en Terceira Autonómica:
Temos moito xogador de último ano de xuvenÃs e rapaces que están en moitos equipos por aà adiante. É unha idea madurada ó noventa por cento.
Javier Bardanca, adestrador:
Era algo que tiñamos gañas de pechar dende as dúas partes e non fixo falla nin falalo. O obxectivo para o ano que vén é facelo mesmo mellor que nesta tempada. Agora mesmo o obxectivo debe ser ir a polo Cee e darlle caza. No nos podemos durmir.


Publique a súa opinión: