Ponteceso na Rede

Fútbol: resultados da xornada de liga

[Liga da Costa - 2ª autonómica, grupo 2]

Goleada do Ponteceso ó Nantón: 1-5

Ante douscentos espectadores no campo de San Roque o Ponteceso deulle unha malleira monumental ó Nantón no partido que finalmente se xogou o domingo. Os tres primeiros goles chegaron a quince minutos do descanso, marcando para o Ponteceso primeiro Adrián de cabeza á saída dun córner, logo Miguel Torrado tamén de cabeza logo de tirarse en prancha e finalmente Toniño aproveitando un fallo da defensa do Nantón. No minuto quince da segunda parte Migueliño metía o catro a cero e dez minutos despois Rubén marcaba o quinto co lanzamento dunha falta. A dez minutos do final Carlos marcaba o gol da honra para o equipo local.

Adrián e Mendieta viron o cartón amarelo.

Con este resultado o Ponteceso é segundo con 31 puntos, seis por diante do Castriz. Segue líder o Cee con 36 puntos.

Empate do Corme no Cairo fronte ó Sofán: 2-2

Cen afeccionados asistiron na tarde do domingo ó Cairo para ve-lo partido do Corme, que tivo que tirar de varios xuveniles por mor das numerosas baixas, fronte o Sofán que chegou ó descanso coa vantaxe dun gol de falta. No minuto 25 da reanudación Rafa Valiña dáballe o empate ó Corme pero o Sofán voltaba a se adiantar cun gol de Suso Docampo cinco minutos despois. No último minuto de novo Rafa Valiña conseguía efectuar un disparo que se convertería no empate a dous definitivo.

Foron sancionados con cartulina amarela Diego e Rafa Valiña.

Tra-lo empate na casa o Corme ponse quinto con 23 puntos na clasificación, un punto por riba de Sofán e Muros,  e un por baixo do Malpica.

[Liga de Veteráns - Grupo A]

O Ponteceso empatou a ceros na casa fronte o Buño, e ponse terceiro con 30 puntos. O Corme si que logrou a victoria, neste caso fóra da casa, contra o Sofán por 0-4 cousa que os deixa en oitavo lugar con 11 puntos.

[Liga Norte Xuvenil - Grupo 4]

O Ponteceso colleitou unha estrepitosa derrota en Cabana por 4-0 e quédase con 22 puntos no quinto posto. O Corme tampouco foi quen de gañar na casa, rematando o partido contra o Baio cun 1-3 co que se queda con 14 puntos e oitavo no taboleiro.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: