Ponteceso na Rede

Fútbol: resultados da xornada ligueira

Segunda autonómica, grupo 2: O derbi entre o Ponteceso e o Corme finalizou con victoria dos cormeláns no Pinguel por 1-2, o que sitúa ó Corme na cuarta praza con 22 puntos e afasta ó Ponteceso cinco puntos do líder Cee que gañou en Baio co que segue primeiro con 33 puntos.

Na categoría de veteráns, grupo A, o Ponteceso trouxo os tres puntos de Coristanco despois de acadar un 0-3 e ponse terceiro na casificación con 29 puntos, por tras do Zas e do San Román, con 35 e 38 puntos respectivamente. O Corme empatou a uns na casa contra o Baio, quedando oitavo con 8 puntos.

No grupo norte da liga de xuvenís, o Ponteceso derrotou na casa ó Coristanco por 1-0 e ponse quinto na táboa con 22 puntos, os mesmos que o Zas que é cuarto. Pola contra o Corme caeu en Carballo por 3-1 contra o Bergantiños e sitúase oitavo con 14 puntos, un por baixo do Malpica e cinco por riba do Camariñas.

[Discapacitados visuais] Escoitar contido:

Publique a súa opinión: