Fútbol: resultados ligueiros da pasada fin de semana
[Liga da Costa - 2ª aut. grupo II]
O Ponteceso vence ó Buño no Pinguel: 2-0
Diante duns oitenta siareiros, o Ponteceso derrotou na casa ó Buño co lastre de ter que xogar prácticamente unha hora con dez xogadores despois de que o defensa Carlos Mato fora expulsado por ir protestarlle ó árbitro. O Ponteceso foi quen de sobreporse e, no minuto dez da segunda metade, Rubén tiraba unha maxistral falta colocando o balón polo primeiro pau e facendo o un a cero. SerÃa outra acción a balón parado, a falta de dez minutos para a fin do encontro, a que porÃa o dous a cero definitivo no marcador ó rematar Pablo de cabeza. Anécdota: A cinco minutos para remata-lo partido lesionábase o dianteiro local Miguel Torrado pero, como xa se tiñan realizado os catro trocos permitidos para xogadores de campo, tivo que ser substituido polo gardamallas suplente Pombo, quen xogarÃa coma dianteiro do Ponteceso ata a conclusión do encontro.
Todo segue igual na cabeza da clasificación xa que o Cee tamén logrou vencer en Camariñas. Asà pois, o Ponteceso segue no segundo posto con 35 puntos, a catro do lÃder e cunha abultada vantaxe de oito puntos sobre os que quedan por baixo.
O Corme logra un punto fronte un Castriz mermado: 1-1
O Corme non foi capaz de acada-la victoria en San Pedro fronte ó Castriz que se adiantaba no minuto trinta de partido despois de verse favorecido por un polémico penalti. Pouco antes do descanso Yago anotarÃa o gol do empate para o Corme. Recén escomezada a segunda parte o Castriz quedaba cun home menos por dobre amonestación a David Brenlla pero os cormeláns non souberon administra-la vantaxe numérica que tiveron durante medio encontro para adiantarse no marcador.
O Corme está agora oitavo, empatado a puntos co Muros que é séptimo, e un punto por riba de Camariñas e Baio, noveno e décimo respectivamente.
[Liga de veteranos - Grupo A]
O Ponteceso gañou na casa 4-2 ó San Román goleando ó lÃder, asà que é terceiro con 30 puntos, pero bastante lonxe da cabeza: o San Román ten 42 e o Zas, segundo, ten 39 puntos.
En canto ó Corme, acadou un empate a uns en Camariñas e está séptimo na táboa, un punto por riba do Club del Mar e cinco por baixo do Camariñas.
[Liga xuvenil - Grupo Norte]
O Ponteceso foi perder fóra por 3-0 fronte o Soneira, co que están quintos na táboa a seis puntos do Zas e catro por diante do Malpica.
Os rapaces do Corme acadaron unha abultadÃsima goleada por 8-3 na casa ante o Cerqueda. Na clasificación están antepenúltimos, pero a tan só un punto do Camariñas e cun colchón de oito puntos por diante do Coristanco.


Publique a súa opinión: