Centenario do Himno galego en Ponteceso
Durante esta mañán celebrouse o centenario do Himno galego en Ponteceso, cuna de Eduardo Pondal, nuns actos organizados polo Concello que vai uns intres que rematou. Escomenzou co recibimento dos rapaces das escolas de Ponteceso sobre das once da mañán no campo da feira da Trabe que, na compaña da banda de música Eduardo Pondal, baixaron ata a praza do Relleno.
Unha vez alà escomezou o recital poético pondaliano a cargo dos pequechos e con presentación por conta de Xurxo Souto. O recital viuse interrompido pola chegada do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que xunto co alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, e outros polÃticos e persoeiros da vila e a comunidade participaron na ofrenda floral ó bardo ó pé do monolito do paseo fluvial do Anllóns. Acto seguido, alcalde e vicepresidente deron sendos discursos para remata-lo evento coa interpretación do Himno na voz de Susana Seivane coa compaña dun boutzuki. No acto estivo presente Neira Vilas e a súa dona.
Curiosidades do acto de homenaxe
- Chegada do vicepresidente: Os polÃticos andan con présa. Interromperon o recital dos rapaces coa chegada de Quintana para porlle nas mans o ramo, face-la ofrenda floral, saudar e subir ó palco a da-lo discurso… todo elo nun intre de non máis de cinco minutos de reloxo.
- Pequechos alborotados: Era de agardar… tras interrompe-lo recital poético os rapaces non acougaban no palco durante os discursos de Fondo e Quintana co que Xurxo Souto tivo que reprendelos decote ante o sorriso do público asistente.
- A soidade do palco: É ben curioso a soidade que deben sentir os encargados de pronunciar discursos e proclamas unha vez se atopan sós no palco. Mentres eles falan cara ó micrófono, milleiros de rapaces berran e bulen, e os adultos adÃcanse a falar co do lado ou prender un cigarro.
- Falta de respecto da prensa gráfica: Chama ben a atención o comportamento dos cámaras xornalÃsticos, que non dubidan en porse diante da cámara dos demáis ou mesmo empurra-lo compañeiro para tirar un feixe de fotos das que mañán só se ha publicar unha. ParecÃa aquelo a chegada dun equipo de fútbol campión a un aeroporto. Tampouco teñen miramento á hora de se subir ó palco e cruzarse diante dos intervintes no evento, coma se fosen transparentes e mesmo na interpretación do himno, afeando sen reparo un fermoso acto.
- Disparidade dos discursos, cada un no seu cometido: Mentres o vicepresidente Quintana adicou unha soflama patriótica a conta do Himno nunha locución enfática e experimentada, o alcalde Fondo salientaba con voz máis quebrada a presenza a redor de tódolos presentes de todo aquelo que Pondal reflexa no seu poema: os pinares, o Anllóns, o Monte Branco… Sen dúbida un discurso precioso e traballado.
- Fin do acto: Coa mesma présa coa que chegou, Quintana liscou do evento na compaña do alcalde, oposición e demáis persoeiros en dirección á taberna. Esto é Galicia, por moita homenaxe que haxa cando chega a hora do vermú é obriga correr cara a cantina a fume de carozo.




















Opinións
Moi bon o comentario que fais sobre dos fotógrafos de prensa que nin siqueira perante o Himno tiveron un mÃnimo de respecto.
Por outra banda, na miña opinión, compartida con moita xente do meu redor, a versión mui persoal do Himno por Susana Seivane, foi do máis desafortunado que se lle poido ocorrir. Para iso, sobraban no Concello, corais abondas para facer o Himno tal cal é. Nin a letra nin a música é asÃ. Sintoo pero non poido calálo.
A verdade é que como se nota que aquà non se entende certo mundo porque non se anda por el. Os reporteiros gráficos cando acoden ós actos polÃticos fano porque van traballar, asà que tiran as fotos que precisan e logo liscan cara outro. A ver se nos enteramos de que os profeisonais andan dun lado para outro porque teñen que cubrir moitos actos no dÃa. Métense diante doutros porque buscan a mellor foto, moitos son freelance, é dicir, se non o fan ben non cobran porque os medios non lles compran o material. Non vos preocupedes porque sone o himno e eles estean no medio. Os polÃticos que estaban arriba non van protestar porque o que lles gusta é sair nas fotos, dá igual se se canta, se baila ou se toca a pandereta.
É obvio que se os fotógrafos están nos actos é por obriga, pero eso non xustifica nada. O de freelances tamén é discutible: coido que os aludidos publican sempre nos mesmos xornais (ainda que se traballaran por libre eso tampouco xustificaria nada, ¿verdade?). E con esas cámaras reflex que custan un diñeiral poden tirar fotos perfectas en milésimas e sen molestar a ninguén. Claro que os polÃticos non van protestar, non lles toca, os que nos queixamos somos os asistentes, ou sexa os veciños, por desluci-lo acto con semellante obrar. E non é que non queiramos que os xornalistas traballen senón que o fagan cunha cousa que se chama civismo, éche ben doado de entender.
Chuco, ó darte por aludido con esa defensa tan pechada debo dar por suposto que eres fotógrafo… pois ben, pensa unha cousa: imaxina que un cento dos espectadores quixesen tirar unha foto de recordo e que do mesmo xeito subisen ó esceario, pasando por diante de todo o mundo, molestando, empurrando ó músico, etc. TerÃan o mesmo dereito ca vós e a falla de respecto tamén serÃa a mesma. Se cadra estades demasiado mal acostumados a facer o que vos peta con excusas inxustificadas como as que ti aludes. Moitos enchen a boca coa palabra profesional coidando que só por eso han ter patente de corso.
Señores entendidos na materia, ¿para quen se fan estes actos? A ver se nos enteramos de por onde van os tiros. Que son os propios polÃticos os que avisan á prensa para que acoda e non ó contrario. Ademais, se a prensa forma tamén parte do atractivo do espectáculo. A xente quere ve-los fotógrafos porque despois quere verse nos periódicos. E non comparen que haxa ¿cantos? cinco fotógrafos a que estean enriba do palco vinte veciños, que mentres encadran e se dispoñen a tira-la foto xa o profesional recolleu todo o material, liscou e publicou a mellor.
[…] espallada entre os veciños, xa o usuario susodebasilio viña a dicir pouco máis ou menos o mesmo neste portal. Pode olla-la polémica interpretación que do Himno fixo Susana Seivane na celebración do […]
Publique a súa opinión: