Presentación da marca “Percebe do Roncudo”
Esta tarde, a partires das 17:15 horas, celébrase no salón de actos da ConfrarÃa de Pescadores de Corme unha rolda de prensa na que han ser presentados oficialmente tanto o logotipo como a marca rexistrada “Percebe do Roncudo”, asà como os proxectos e obxectivos da debandita ConfrarÃa de cara ó futuro. Na mencionada rolda han intervir Jesús Lista Neira, como Patrón Maior, asà coma unha representación das percebeiras cormeláns.
Ésta é a imaxe escollida para representa-la marca:

[Actualización - Sábado 22]
Declaracións do Patrón Maior da ConfrarÃa, Suso Lista, na rolda de prensa:
O venres pasado tivemos unha xuntanza con representantes da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados de Pesca e con profesionais da Universidade da Coruña, aos que xa lle encargamos a elaboración dun proxecto de empresa. Trátase de que tanto os restaurantes como os consumidores teñan plena confianza en que se lle vai a ofertar un percebe de primeira calidade, que poderÃa estar no mercado no vindeiro verán. Elo implicarÃa ter que contratar un xestor para a lonxa que se encargará de vixiar por esa calidade porque o percebe de Corme ten que acabar chegando aos mellores mercados.
O obxectivo é desenrolar unha marca que garanta a calidade do producto e escomezar a comercializa-lo a partires do próximo verán mesmo ó través de novas canles de distribución como pode se-la venda por medio da Rede. Polo momento o sitio web Percebedoroncudo.com amosa varios vÃdeos con percebeiros coma protagonistas.


Publique a súa opinión: