Novo comunicado do PSOE
Desta vez, a conta da calefacción do Colexio Público Eduardo Pondal. Na nota difundida polos socialistas acusan ó Concello de despreocuparse polo mantemento do centro xa que, polo que aseguran, estivéronse a anula-los radiadores cando se avariaban nas aulas dos máis pequechos para os que finalmente se instalaron radiadores eléctricos de baixo consumo. En resposta ó alcalde, quen subliñou en dÃas pasados que “fraco favor fixeran as xestións do PSOE porque o gasoe da calefacción o paga a Xunta pero a electricidade corre por conta do Concello”, os socialistas afirman na nota que non é moito gasto catro calentadores de 800 vatios e que o aforro que iso supón deberÃa investirse no colexio en lugar de lle subi-lo soldo ós concelleiros do PP.


Opinións
Uns rexeitan mocións e preguntas e os outros escapan do pleno… finalmente acábase falando por medio dos xornais. ¿Temos os veciños de Ponteceso o que nos merecemos? Pois se cadra si, e todo.
Publique a súa opinión: