O PSOE de Ponteceso critica a futura área metropolitana
En declaracións á Voz de Galicia, o PSOE de Ponteceso vén de critica-las supostas vantaxes da futura área metropolitana da Coruña que probablemente abrangue Carballo e A Laracha:
Hai que escapar de comarcalizacións, áreas metropolitanas ou delimitacións da Costa da Morte que impidan o crecemento global da zona. A inclusión de Carballo e A Laracha na área metropolitana deixarÃa a concellos como Ponteceso, Cabana, Malpica, Coristanco ou Laxe nunha posición de menor crecemento respecto ós seus veciños.
Pola contra, aseguran defender unha unidade comarcal centrada en Ponteceso como referente en formación profesional:
Ponteceso reúne tódalas condicións: instalacións fácilmente adaptables, cercanÃa a vase tódolos puntos vitais do entorno e disposición dos habitantes do concello, ávidos de ver o seu municipio desenvolvido nun conxunto coordinado de crecemento total, escapando do separatismo.


Publique a súa opinión: