Pleno extraordinario a conta dos presupostos de 2008
O vindeiro venres 21 de decembro háse celebrar no Salón de Plenos do Concello un pleno extraordinario para aprobar os presupostos xerais para o 2008, a partires das nove da mañán.
Agárdase a aprobación dun falso superávit de 301.626 euros, correspondente na realidade ó déficit do Concello, nun balance resultante de 4.340.577 euros de ingresos por 4.038.950 euros de gastos.
Antecedentes:
Cabe salientar que no ano 2004 o desfase aprobado ascendÃa a 1,4 millóns de euros e no exercicio 2007 computábanse uns 9000.000 euros.
No apartado de inversións, dentro do presuposto de gastos, o montante ascende a 603.495 euros. No pasado exercicio a cifra ascendÃa a 1,2 millóns de euros nos que estaban incluÃdos o obradoiro de emprego para a rehabilitación da sede da Fundación Eduardo Pondal, as obras da garderÃa municipal ou o centro socio cultural.
Actuacións que se enmarcan nos presupostos como inversión:
Céspede artificial no Cairo
O proxecto está orzamentado en 375.000 euros dos que ó Concello lle corresponde afronta-lo quince por cento, uns 56.250 euros, despois de que a masa social do Corme CF aceptace cederlle o campo temporalmente ó Concello para a solicitude da axuda á Deputación.
Centro multiusos
Destiñaránse 81.079 euros para a nova anualidade do centro socio cultural e maila biblioteca municipal fronte ós 192.573 dos presupostos de 2007. Para a adquisición de fondos bibliográficos hánse reservar 1.200 e 3.000 euros.
Acceso ó colexio As Forcadas de Corme
Orzamentaráse con 30.000 euros o arranxo dos accesos ó colexio As Forcadas de Corme que na actualidade se atopan sumamente deteriorados.
Pavimentacións do POS
Sobre do 45% das inversións corresponden ó Plan de Obras e Servizos no que se inclúen melloras viarias por valor de 277.405 euros que pode ver polo miúdo premendo aquÃ.
Festas e cultura
- 6.000 euros destiñaránse para o mantemento da Fundación Pondal.
- 3.000 euros para a Fundación Torre-Pujales.
- 1.800 para as festas de Corme.
- 2.100 para A Barquiña de Ponteceso.
- 480 para a Festa do Percebe e a Motofesta.
Taxas
Inclúense na orde do dÃa varios puntos relativos a ordeanzas fiscais como a aprobación inicial da nova normativa sobre da taxa por expedición de licenzas urbanÃsticas que se ha fixar nun 0,2% do montante total da licenza en cuestión. Tamén se abordará a modificación do imposto de plusvalÃa asà coma un recoñecemento oficial de créditos de facturas atrasadas que ascenden a 54.000 euros.
Outros gastos
Baixo este epÃgrafe pódense englobar a reserva de 24.000 euros para a adquisición de terreos, 20.000 euros para obras de depuración e saneamento asà coma 100.000 euros para proxectos de obras municipais.


Opinións
[…] O contido dos presupostos detallabávamolo polo miúdo en 500P.com o pasado mércores e pode vélo premendo nesta ligazón. […]
Publique a súa opinión: