Qué aconteceu no pleno extraordinario de onte
O pleno de onte, celebrado de forma extraordinaria co gallo do orzamento municipal para 2008, despachouse en pouco menos de tres cuartos de hora, dende as nove da mañán, resultando na aprobación dos mesmos cos votos do grupo de goberno en solitario na maiorÃa dos apartados.
O contido dos presupostos detallabávamolo polo miúdo en 500P.com o pasado mércores e pode vélo premendo nesta ligazón.
Quen amosou unha oposición máis rotunda ós orzamentos foi Manuel Varela, do BNG:
Non podemos apoiar un orzamento cunhas adicacións exclusivas que non están a facer nada. Ademáis, o Concello pasa a ter unha débeda a longo prazo considerable, que ronda os 600.000 euros.
De feito, a débeda é duns 300.000 euros pero a longo prazo o Concello suma unha débeda de 622.000 euros con entidades bancarias. Ademáis Varela botou a faltar nos orzamentos proxectos coma a escola de música de Corme, centro de dÃa, polÃgono industrial ou polideportivo en Ponteceso.
Na réplica a Varela, o alcalde Fondo Aguiar asegurou que se ten firmado en datas recentes un convenio de colaboracións para a renovación de pluviais e o peche total do polÃgono. En canto ó centro de dÃa matizou que é unha obra que se fará aÃnda que non se reflicta no orzamento e para o que xa se teñen solicitado axudas tanto á Deputación coma á Xunta. Tamén puntualizou o alcalde que hai solicitado un novo obradoiro de emprego para os traballos na sede da escola de música de Corme. Sobre o déficit dixo Fondo que se tenta equilibrar o presuposto por canto o déficit orzamentario se ten baixado moitÃsimo nos últimos anos. Por último detallou o alcalde que dende o 26 do presente mes, e por espacio de dúas a tres semanas, vaise por en marcha un plan experimental de comedor sobre rodas no apartado de servicios sociais.
Mato Pet e outros concelleiros do PSOE matizaron o seu voto, tamén negativo:
As facturas pendentes de pago para nós tamén son pasivo. Vai moi pouco para inversións, só se limitan a cubrir gastos, ademáis de ser excesivo que cáseque o 50% se destine a salarios.
A esto o alcalde respostou sen miramentos:
Ponteceso ten poucos ingresos e recursos escasos, polo que lle volvo a pedir ao portavoz socialista que pague algún imposto no concello anque só sexa o do coche.
Finalmente, Pet tentaba defenderse da acusación:
Eso non é totalmente certo porque teño propiedades aquÃ. Se non pago o imposto de circulación en Ponteceso, sendo máis barato, é pola ineficiencia da administración local cando tentei facelo.
Trocos nas ordeanzas fiscais:
Modificouse a ordeanza reguladora da plusvalÃa (incremento do valor do solo urbán) aumentando o perÃodo que se ten en conta para determina-la tasa, se ben o tipo do gravame se mantén. Deste xeito os promotores inmobiliarios tamén terán a obriga de pagar. Foi rebaixada a bonificación para a transmisión de herdanzas entre familiares que estaba no 50% e queda no 95%. Sobre estes puntos tanto PSOE coma BNG abstivéronse.
Modificouse a ordenaza reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras que pasan de gravarse do 2,5% ó 3% para igualarse ó resto de concellos da volta. Dende agora tamén se ha cobrar pola expedición de licencias un 0,2% do seu valor. A oposición votou en contra e o BNG explicaba a súa negativa:
Aumentar as tasas non é o camiño axeitado para buscar máis ingresos.
Foi aprobado un recoñecemento extraxudicial de crédito de 54.000 euros por facturas atrasadas de electricidade e combustible, cifra que se ha sustraer de partidas do apartado de persoal con remanente debido a que non se cubriron as prazas previstas. O BNG votou a favor e o PSOE abstÃvose.
Aprobouse por unanimidade das forzas a solicitude de axuda á Deputación para a inclusión do Cairo de Corme no programa provincial de campos de fútbol con herba sintética.
Anécdota: Polo visto Suso Lista, do BNG, non puido acodir ó pleno seica por mor de aproveita-la marea para apañar percebes a esa hora da mañán. Lista é percebeiro de profesión.
Repetimos que para acceder con moito máis detalle ós orzamentos aprobados debe pasarse pola nosa anterior entrada clicando aquÃ.


Publique a súa opinión: